Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 24-25

Aclaracións para as familias que entregaron a solicitude de admisión para o vindeiro curso 24-25:

  • O 25 de abril colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.
  • O 15 de maio colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido.
  • O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Xa comunicaremos os documentos que hai que entregar neste proceso.
  • Finalmente non haberá que baremar polo que as familias do alumnado que entregaron a solicitude de admisión non debe facer ningún trámite máis ata o proceso de matrícula.

 

8M

Aquí vos ensinamos os nosos traballiños sobre o 8M. Clicade nas iconas para descubrilos!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Álbum: Curso 23-24 -> Día de ROSALÍA

Dende o noso centro quixemos homenaxear, como todos os anos nestas datas, a ROSALÍA DE CASTRO. Coñecer a súa vida, os seus poemas, algunhas das súas novelas, a súa loita pola nosa lingua... Deixámosvos nesta galería unha pequena mostra dos traballos realizados polo noso alumnado, feitos todos con moito esmero e cariño; e quen sabe? igual un día, coñecemos algún segredo máis dela...

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

TODA A PRENSA DE HOXE

(pinchade no quiosco)

 

 

XORNADA TENIS DE MESA

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada PING PONG
Distribuir contido


by Dr. Radut