Skip to Content

Saídas

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O pasado venres 15 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha serie de actividades organizadas polo Concello que tiñan como obxectivo promover a sensibilización sobre o medioambiente.

As actividades que se levaron a cabo foron unha charla ao alumnado de 5º de E.P. sobre a reciclaxe, e unha saída do alumnado de 6º de E.P. ao Centro Etnográfico e ao Punto Limpo do polígono de Teixeiro. Alí viviron en primeira persoa o proceso de separación de residuos.

medio

Pincha na imaxe para ver o video

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Álbum: 1.2 Excursións e saídas -> EXCURSIÓN FINAL CURSO 6º PRIMARIA

O pasado martes 8 de xuño, o alumnado de 6º de Primaria fixo unha saída ao centro multiaventuras Roqsport de Viveiro con motivo do remate do seu paso polo cole.

Alí participaron en diferentes actividades como o circuito de tirolinas e orientación.

Foi unha xornada chea de aventuras e diversión.

CONCERTOS DIDÁCTICOS "EL MUNDO SUENA" (1º e 2º PRIMARIA)

Álbum: 2.2 Excursións e saídas -> CONCERTOS DIDÁCTICOS 1º E 2º

O pasado 10 de marzo, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria visitamos o Palacio da Ópera para desfrutar do concerto "El Mundo Suena", co que viaxamos a todos os continentes a través da súa música. Unha bonita forma de "coñecer mundo"!

CONCERTOS DIDÁCTICOS: "DE AQUÍ PARA ALÁ" (Educación Infantil)

Álbum: 2.2 Excursións e saídas -> CONCERTOS DIDÁCTICOS "DE AQUÍ PARA ALÁ" EDUCACIÓN INFANTIL

O 13 de Febreiro os nenos/as de Educación Infantil asistimos os Concertos Didácticos da Coruña. O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana. Deixamos aquí información.

 

 

 

SAÍDA O CINE: "FROZEN II" (Educación Infantil)

 

O alumnado de Educación Infantil asistiu o venres 13 de decembro ao cine a Lugo a ver a película de "Frozen II".

Non sabedes o ben que o pasamos e o ben que nos portamos polo que estamos desexando de novo saír e facer novas saídas.

Ata pronto!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut