Skip to Content

Novas

BONO DEPORTE

Hoxe abre o prazo para que as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo.  

Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra. 

Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pago nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña. A entidade accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto. Deste xeito, a plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o wallet do cliente.

Para solicitar o Bono Deporte as familias de deportistas inscritos en Xogade deberán introducir o Identificador Xogade. Este dato deberán pedirllo á entidade coa que practica deporte (federado ou non) cada menor, ben sexa un club, unha escola deportiva municipal ou o seu centro educativo. 

 

Para máis información entrar en https://www.bonodeporte.gal/ 

Encontro deportivo "PONTE NO MEU LUGAR"

Hoxe o alumnado de 3º ciclo participou nun encontro de deporte adaptado con dinámicas de "ponte no meu lugar" que se celebrou no Estadio Deportivo do Campus de Elviña, A Coruña. Foi unha experiencia moi dinámica e gratificante na que os nen@s probaron diferentes tipos de deporte adaptado.

CAMPIONATO DE BALONCESTO INTERNO E VISITA DE XOEL E JOSHEP DO CLUB DE BALONCESTO SANTO DOMINGO DE BETANZOS

O pasado trimestre, entivemos moi entretidos nalgúns recreos co campionato de baloncesto de 5º e 6º EP. No resumo podedes ver algunhas fotos do proceso.

Ademais, durante este trimestre, tivemos a sorte de poder disfrutar dunha mañá de xogos para cada curso de primaria, gracias á colaboración de Xoel, adestrador, e Joshep, xogador, do club de baloncesto Santo Domingo de Betanzos.

 

Ao final da súa visita tiveron moitos fans que quixeron as súas firmas!!

Ademais, quedámonos cun detalle de última hora que nos gustou moito. Agasallaron a Ahinoa de 6º EP, cun balón, por demostrar o importante dos valores do deporte.

GRACIAS POR TODO!!

RESUMO

 

 

CAMPIONATO DE VOLEIBOL

Comezamos o Campionato de voleibol neste trimestre, aproveitando o bo tempo. Esperamos disfrutar e practicar os valores da Educación Física.

SESIÓNS DE PRIMEIROS AUXILIOS

 

Seguindo coa programación de EF, chegou a hora de lembrar/coñecer conceptos básicos dos primeiros auxilios. Dende 3 aniños ata os máis maiores de 6º EP, practicamos diversas situacións que se nos poden dar na vida diaria.

Ademais, para 3º, 4º, 5º e 6º EP, contamos coa colaboración da Cruz Vermella de Betanzos, que tamén nos pretou material durante toda a semana. GRACIAS.

Paasámolo moi ben facéndolle os primeiros auxilios aos nosos bonecos/as e aos nosos compañeir@s. Os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º EP puideron coñecer o libro do Oso Enfermeiro. Aproveitamos para mercalo e poñelo a disposición de todos/as na nosa biblioteca.

Esta é un pequeno resumo destas sesións. Desculpade que, por algunha razón que non sei, desaparecéronme fotos dalgún curso, pero tede en conta que TODOS/AS o fixeron FENOMENAL.

RESUMO

Distribuir contido


by Dr. Radut