Skip to Content

Recursos

ENTREGA LIBROS ROSALÍA DE CASTRO

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Queremos amosar o noso agradecemento a ANPA por facer que a nosa biblioteca medre un pouquiño máis, mercándolle ao alumnado do centro estes títulos da obra de Rosalía de Castro.

A NOSA BIBLIOTECA MEDRA

(Pinchar na imaxe para ampliar)

Aquí vos presentamos os novos títulos que o cole mercou para a nosa biblioteca. Agardamos que o alumnado goce das novas aventuras que nestes libros poderán atopar. 

 

A NOSA BIBLIOTECA MEDRA

A NOSA BIBLIOTECA SEGUE A MEDRAR!

Hoxe queremos contarvos que recibimos un presuposto para invertir en libros que traten a INCLUSIÓN; por iso, mercamos varias propostas (con pictogramas, de fácil lectura...) que esperamos que gocen ben @s nos@s nen@s.

 

             

             

MIRADE O QUE NOS DEIXARON OS REIS MAGOS

 

Xa fai un días comezamos este segundo trimestre. A volta á escola veu marcada polas épocas navideñas e nas aulas non se falaba doutra cousas. Que si Papa Noel entra por unha chimenea…. Que si os Reis Magos viñeron e comeron as galletas todas… Que si o apalpadou deixoume unha morea de castañas…

             

Pois ben, no noso regreso ás aulas vimos que nos chegaran uns agasallos ao cole. En cada clase había un libro para desfrutar da lectura neste 2021. Seica os Reis Magos os deixaron a través da ANPA. Mirade cantos libros novos para que a nosa biblioteca siga medrando:

             

Tamén a ANPA nos quixo agasallar con outro libro máis, estamos desexando lelos todos:

 

 

Dende o colexio queremos agradecer este agasallo da ANPA e tamén lles queremos agradecer que axudasen ás súas Maxestades de Oriente a entregar todos os agasallos que tiñan para nós.

Pero aquí non remata todo, seica teñen outra sorpresa!! Algo se comentou de que o noso patio será pintado con xogos. Estamos emocionados de ver que vai pasar nestes meses que nos agardan.

Grazas.

BIBLIOTECAS VIRTUAIS E LIBROS DESCARGABLES

A web Oyejuanjo descóbrenos 10 bibliotecas virtuais infantís con centos de libros gratis para nenos/as. FAI CLIC.

 

 

 

 

 Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

   

 

 

Libros de dominio público

 

Distribuir contido


by Dr. Radut