Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 24-25

Publicada no taboleiro de secretaría do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido. Todo o alumnado de 3 anos (4º EI) que solicitou praza para o curso 24-25 está admitido.

O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño no seguinte horario:

20 e 21 de xuño: horario habitual de secretaría (consultar horarios de centro).

Do 24 ao 27 de xuño: de 12.00 a 14.00.

28 de xuño: de 9.30 a 11.00.

A documentación que debe entregarse para formalizar a matrícula será a seguinte:

- Formalización de matrícula. Anexo III-1.

- Autorización de imaxe e saídas.

- Cuestionario lingua materna.

- Certificado de empadroamento.

- Copia DNI.

- Informe médico.

- 2 fotos tamaño carné.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS CURSO 24/25 (3 ANOS)

Publicada no taboleiro de secretaría do centro a listaxe provisional de admitidos para o curso 24/25 (3 anos).

Todo o alumnado de 3 anos que solicitou praza está admitido. 

O 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidos e a documentación que se debe presentar para a matrícula (do 20 ao 30 de xuño).

ADMISIÓN CURSO 24-25

Aclaracións para as familias que entregaron a solicitude de admisión para o vindeiro curso 24-25:

  • O 25 de abril colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.
  • O 15 de maio colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido.
  • O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Xa comunicaremos os documentos que hai que entregar neste proceso.
  • Finalmente non haberá que baremar polo que as familias do alumnado que entregaron a solicitude de admisión non debe facer ningún trámite máis ata o proceso de matrícula.

 

VACANTES ESTIMADAS CURSO 2024-2025

LISTAXE VACANTES ESTIMADAS CURSO 2024-2025

(Pinchade no enlace para abrir o documento)

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

(Pinchade na imaxe para ampliar)

  • Pinchade nos seguintes documentos para ampliar información:

SOLICITUDE ED55OB (galego)

SOLICITUDE ED550B (castelán)

MANUAL DE USUARIO PARA FAMILIAS

DECRETO 13/2022

ORDE 21/10/2022

 

  • A solicitude debe vir firmada polos dous proxenitores (Anexo II bis da solicitude) agás sentencia xudicial que o determine.
  • O alumnado que xa está matriculado non ten que facer ningún trámite.
Distribuir contido


by Dr. Radut