Skip to Content

XOGADE

FASE PROVINCIAL XADREZ

Este sábado, 4 de maio, celebrouse a fase provincial de xadrez en Santiago de Compostela. Unha representación do noso cole estivo loitando polos premios, na categoría benxamín e alevín. Noraboa e a seguir aprendendo, desfrutando cos deportes e coñecendo outros nen@s.

TORNEO INTERCOMARCAL TENIS DE MESA (NARÓN)

Noraboa a todo o alumnado participante polo seu esforzo e parabéns aos 3 clasificados para a fase provincial en Zas, que se celebrará o día 12 de maio.

FASE PROVINCIAL DE CROSS

O pasado 15 de abril un grupo de alumn@s representaron ao noso colexio na fase provincial de Cross, celebrada en Porto do Son. Noraboa polo esforzo, xa que o camiño cara a meta foi duro. Especialmente merece un aplauso a nosa compañeira Natalia Cancelo, que perdeu unha zapatilla ao comezo da carreira e correu sen ela todo o percorrido para non perder postos.

TORNEO XADREZ

En xaneiro comezamos co Torneo de XADREZ. Despois de moitos recreos loitando por cheagar á meta, en abril rematamos moi orgullos@s do que aprendemos e melloramos xogando a este deporte. Noraboa a tod@s e, en especial, aos 4 finalistas desta competición.

XORNADA TENIS DE MESA

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada PING PONG
Distribuir contido


by Dr. Radut