Skip to Content

XOGADE

XORNADAS DE BÁDMINTON XOGADE

O pasado 13 de marzo, o alumnado de 5º e 6º EP tivo a sorte de poder compartir unha mañá deportiva cos colexios de Monfero, Oza dos Ríos, Cesuras e Présaras. Desta vez practicamos o deporte de bádminton coa colaboración do Club deportivo Hydra. MOITAS GRACIAS pola organización.

Ademais, no primeiro trimestre, puidemos practicar máis a fondo este deporte coa axuda de Cova e Xavier. Que ben se nos da!!

XORNADA TENIS DE MESA

Hai unhas semanas alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria participamos nunha xornada de deporte escolar, tenis de mesa, en colaboración co programa XOGADE da Xunta de Galicia; o cal servirá para a clasificación na fase provincial que se xogará nos próximos meses. Ademais estreamos o logo da equipación que mercou o noso cole.

GAÑADORES DO I TORNEO INTERNO DE TENIS DE MESA

Despois duns recreos emocionantes chegou a hora do merecido premio ao esforzo. Gracias a todos/as por participar.

Tomás, Richard e Manuel foron os 1º, 2º e 3º clasificados. NORABOA.

 

 

Agora a practicar para o próximo Torneo no concello de Narón que se ía celebrar o 20 de decembro e houbo que pospoñelo para o mes de xaneiro. Ánimo.

 

 

 

ENTREGA DE DIPLOMAS CAMPIONATO DE SALTOS Á COMBA

Adxunto un resumo dos recreos tan divertidos e activos de salto con cordas e da entrega dos merecidos premios. NORABOA A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR E PASAR UN RATO ACTIVO E EN CONVIVENCIA.

Xornada deportiva de campo a través con XOGADE

Onte gozamos dunha xornada deportiva na que compartimos risas, emoción e o noso esforzo con outr@s nen@s de diferentes centros da contorna. Dentro do programa XOGADE, levamos a cabo esta primeira xornada de campo a través. Para a próxima máis e mellor!

Distribuir contido


by Dr. Radut