Skip to Content

XOGADE

TORNEO INTERNO DE VOLEIBOL

O alumnado de 5º e 6º EP participou durante este último trimestre do curso 2022-2023 nun torneo de voleibol, que se xogaba dous días á semana na hora do recreo.

 

Practicamos RUGBY

Álbum: Curso 2022-2023 -> FGR

O alumando de 5º e 6º de Educación Primaria puido coñecer e practicar da man de Elsa Porto, xogadora na división de honor e internacional con España, un pouco máis sobre esta modalidade deportiva. Gustou moito a actividade e, de cara ao próximo curso, profundizaremos máis neste deporte coa axuda da federación (FGR).

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

O pasado sábado 13 de maio, algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP, participaron no Campionato provincial de tenis de mesa, que se disputou durante todo o día no concello de Zas. Os resultados foron fenomenais. Trouxemos 3 trofeos e medallas para todos e todas.

Temos que felicitar tamén a todos e todas os nenos e nenas que participaron no Campionato intercomarcal que se celebrou en Narón. Está o resumo na sección de EF, dentro de XOGADE.

O equipo de alevín masculino de 6º EP, quedaron en 2ª posición.

Os outros dous equipos de 5º EP alevín feminino e masculino quedaron en 4ª posición.

Noraboa a todos e todas. VER FOTOS

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado 17 de marzo de 2023, tivo lugar o Campionato Provincial de Campo a través no club de campo de Ferrol. Algún alumnado de 2º a 6º de educación primaria, estivo seleccionado para acudir ese día. A viaxe e organización corría a cargo do programa de XOGADE.

Aínda que o tempo non nos acompañou, pasámolo moi ben. Para algúns era a súa primeira experiencia neste tipo de campionatos.

NORABOA A TODOS E TODAS. RESUMO

"Vimos de Teixeiro,

para disfrutar, 

pero se podemos

imos a gañar,

la, la, la, la,

la, la, la, la, la, la, la, la, 

la, la, la, la, la"

Distribuir contido


by Dr. Radut