Skip to Content

BONO DEPORTE

Hoxe abre o prazo para que as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos con licenza federada ou do Programa Xogade poidan descargar o Bono Deporte. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos descargados poderán empregarse ata o 1 de xullo.  

Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra. 

Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pago nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña. A entidade accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto. Deste xeito, a plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o wallet do cliente.

Para solicitar o Bono Deporte as familias de deportistas inscritos en Xogade deberán introducir o Identificador Xogade. Este dato deberán pedirllo á entidade coa que practica deporte (federado ou non) cada menor, ben sexa un club, unha escola deportiva municipal ou o seu centro educativo. 

 

Para máis información entrar en https://www.bonodeporte.gal/ 



page | by Dr. Radut