Skip to Content

ANIVERSARIOS 3 ANOS (2º trimestre)

Os aniversarios da aula de 3 anos como xa comentamos noutra entrada celébranse conxuntamente o último venres de cada mes. Os nenos/as deste 2º trimestre convidaron así os seus compañeiros/as e pasámolo moi ben. Os demáis agasallámolos cun "libriño de aniversarios".

 

PASÁMOLO XENIAL!!! (AMARA e AIXA deste 2º trimestre)

FAI CLIC NA IMAXE

DÍA DO LIBRO (23 de Abril)

Álbum: 3.1.Conmemoracións /celebracións e outras actividades -> DÍA DO LIBRO (23 ABRIL 2019)

(FAI CLIC NA IMAXE)

O martes 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro realizando diversas actividades:

  • lemos un capítulo de Don Quijote de la Mancha para niños para recordar a figura de Cervantes e da súa grande obra;
  • montamos un mural con traballos de libros lidos ao longo do curso polos diferentes cursos;
  • vimos vídeos de Don Quijote;
  • cantamos cancións de Don Quijote;
  • elaboramos marcapáxinas relacionadas co proxecto "Pequenos Pintores".

 Unido a esta celebración, o día 24 de abril recibimos a visita da escritora Ánxela Loureiro para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Os cursos restantes asistiremos a unha sesión de contacontos o día 30 de abril.

Recordade:

"A lectura é a fábrica da imaxinación", como di Carmen Posadas.

 

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A SELECCIÓN DE CONTOS E LIBROS) 

 

 

 

EDUCANDO CON MALIBÚ (1º e 2º de Primaria)

Álbum: Educación Primaria -> EDUCANDO CON MALIBÚ 1º e 2º

(FAI CLIC NA IMAXE)

O día 4 de abril, tivemos unha visita moi especial no cole.

Tivemos a sorte de coñecer a Malibú, unha cadeliña que foi abandonada e agora vive en Xanceda.

Ensinounos, aos nenos/as de 1º e 2º de Primaria, moitas cousas importantísimas e que non debemos esquecer nunca.

Por exemplo, aprendemos as razón pola que a xente abandona aos cans, a importancia de coidar ben ás nosas mascotas, ou como debemos actuar se atopamos a un can abandonado.

A canciña Malibú foi unha profe estupenda!

Esperamos que nos volva visitar prontiño!

RELACIÓN DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-2020

Están admitidos todos los alumnos que solicitaron praza para 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso académico 2019-2020. Para ver a listaxe pique aquí.

DÍA CONCIENCIACIÓN AUTISMO (2 de Abril)

Álbum: 3.1.Conmemoracións /celebracións e outras actividades -> DÍA CONCIENCIACIÓN AUTISMO

(FAI CLIC NA IMAXE)

 

Hoxe día 2 de Abril celebramos no centro o día de concienciación do autismo e para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade. Levarónse a cabo as seguintes actividades:

  • Mural titulado "Sabes como son eu?" para que teñamos un maior coñecemento das características do autismo.
  • Decoración do centro con globos azuis.
  • Formamos un infinito para conseguir un futuro máis inclusivo onde se respecte e valórese a diversidade. Coa canción "Si me pusiera en tu piel"

 

O xesto é protagonista nesta xornada, nunha campaña impulsada pola Confederación de Autismo en España. 'Fai un xesto polo autismo' é o lema elixido este ano para tratar de concienciar á sociedade do compromiso que temos todos coas persoas que padecen este trastorno.

Ao longo da semana, na hora de lectura, proxectásense diferentes curtos. Entre eles:

  • "Seguidme Caillou"
  • "El cazo de Lorenzo"
  • "Mi hermanito de la luna"
  • "El viaje de María"
  • "Un viaje interestelar a través del autismo"
  • "Academia especialistas"
  • "Hugo un amigo Asperger"
  • ...
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut