Skip to Content

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de Outubro de 2018)

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar, baixo o lema “ POÉTICAS DIVERSAS”, todo o alumnado do centro acudiu a biblioteca en quendas de 25 minutos para gozar da lectura da poesía, seleccionada previamente polo equipo encargado. 

                                   Que ben o pasamos!

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES)

Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. Este fermoso cartel de 2018 xa está presente en todos os centros galegos para a celebración do 24 de outubro.  

VISITA DOS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL O CENTRO ETNOGRÁFICO DO RÍO MANDEO

Os alumnos/as de Educación Infantil realizamos unha visita o día 10/10/2018 o Centro Etnográfico do Río Mandeo.

Centro adicado a formación e interpretación dos valores culturais e etnográficos do río Mandeo, empregando o río como fío conductor.Conta cunha museografía moderna e interactiva, posta ó servicio dos visitantes, que mediante a experimentación e a observación aprenden por sí mesmos.

Os alumnos/as de Infantil visitamos primeiramente as instalacións, así mediante a realidade aumentada, puidemos visistar un campamento romano e ataviarnos cun casco de centurión.

Posteriormente visualizamos un vídeo sobre o río Mandeo, para finalizar a nosa visita cun percorrido polo paseo do río e unha merenda campestre o redor do centro.

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A NOSA VISITA)    

 

COMEZAMOS O CURSO "PEQUENOS PINTORES"

Neste curso académico 2018-2019 imos traballar un proxecto baseado na pintura titulado "PEQUENOS  PINTORES".Cada curso elixiu un pintor/a sobre o cal versarán as actividades que se realizarán ao longo do curso.

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS NOSAS OBRAS DE ARTE)     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut