Skip to Content

Información sobre Contratos Programa

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

A semana pasada celebramos o día da NON VIOLENCIA e da PAZ, comprometéndonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

PROXECTO DE ACCESIBILIDADE

 

Un dos obxectivos do noso centro a través dos proxectos enmarcados en CPInclúe e Boas Prácticas Inclusivas é mellorar a accesibilidade no noso centro educativo.

Durante este curso 23-24 e, grazas á colaboración da asociación COGAMI, isto comeza a ser posible. Este organismo elaborou para o CEIP de Teixeiro un plan de accesibilidade de todo o centro educativo remarcando aquelas zonas onde se podería actuar a nivel de accesibilidade.

Este plan presentarase perante o Consello Escolar do centro, para a súa análise, e tamén se enviará ao órgani competente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a fin de que se teña en conta e se poidan realizar algunhas actuacións no edificio.

Agora, confiamos en que todos os órganos da Comunidade Educativa colaboren con nós para poder levalo á práctica e ter así un centro educativo accesible para toda persoa que acceda ás nosas dependencias.

TALLERES "SAÚDE NA ESCOLA"


(Pinchade na imaxe para ampliar)

A través da Consellería de Sanidade ponse en marcha o Proxecto Ardora encamiñado á prevención de condutas aditivas ao longo da vida. Parte deste proxecto realiza unha labor de prevención no eido educativo.

Con este programa desenvolvéronse diferentes charlas ao longo do trimestre co título de "Saúde na escola".

As actividades deste programa están enfocadas á intervención co alumnado de 6º de EP coa finalidade de promover estilos de vida saudables.

Dende o Departamento de Orientación adaptáronse os diferentes materiais utilizados nestes talleres para darlle acceso a todo o alumnado.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co lema "Baixo o mesmo paraugas", todo o alumnado e profesorado do CEIP de Teixeiro quixemos simbolizar a unión, a riqueza dunha sociedade diversa e plural na que todos e todas temos cabida.

 

E para conmemorar este Día Internacional das Persoas con Discapacidade o alumnado de 6º de EP fixo este traballiño para lembrarnos a importancia de respectar as nosas diferenzas e valorar a dignidade de cadaquén.

 

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Outra das acitividades realizadas para conmemorar este día foi a visita da asociación de persoas con diversidade funcional AMARAI. Nesta xornada impartiron un obradoiro navideño e explicaron ao alumnado de 3º e 4º de EP todas as actividades que realizan na asociación.

Neste día, o alumnado de 5 anos levou a cabo unha actividade de concienciación poñéndose no lugar das persoas con discapacidade visual.

 

25N

Esta semana levamos a cabo diferentes actividades e cantamos tod@s xunt@s a favor do respecto cara os demais e da necesidade de educar na igualdade buscando comportamentos non discriminatorios. Compartimos aquí o resultado deste traballo. Esperamos que o disfrutedes.

Distribuir contido


by Dr. Radut