Skip to Content

Actividades

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de Outubro de 2018)

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar, baixo o lema “ POÉTICAS DIVERSAS”, todo o alumnado do centro acudiu a biblioteca en quendas de 25 minutos para gozar da lectura da poesía, seleccionada previamente polo equipo encargado. 

                                   Que ben o pasamos!

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES)

Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. Este fermoso cartel de 2018 xa está presente en todos os centros galegos para a celebración do 24 de outubro.  

Distribuir contido


by Dr. Radut