Skip to Content

Colectivas

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ (30 Xaneiro2019)

Onte 30 de Xaneiro celebrouse no centro o Día Escolar da non Violencia e da Paz. As actividades programadas foron varias entre elas:

  • Durante unha semana todo o centro puxo da sua parte no mural da paz situado na entrada do centro. Tendo en conta o proxecto "Pequenos Pintores" o mural basouse nun cadro do pintor Keith Haring.
  • Canción " Xa  chegou ou día dá paz" de Pablo Díaz.
  • Posteriormente foto de todos os cursos no mural.
  • Actividades tamén nas titorías (pombas, debuxos, lemas,...)

 

(FAI CLIC NA IMAXE)

I CARREIRA DÍA DA INFANCIA (20 de Novembro 2018)

Con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, organizouse no colexio a primeira carreira solidadria.

A finalidade desta carreira foi recaudar comida, roupa e xoguetes para os nenos do pobo, a través de Caritas do Concello. A colaboración foi máxima, a cal agraedecemos a todas as familias.

Todos os nenos que participaron na carreira foron agasallados cunha pulseira co lema “ I CARREIRA DA INFANCIA- CEIP DE TEIXEIRO”.

 

AQUÍ TEDES O RESULTADO. GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

                                         

                                      

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN (31 de octubre de 2018)

 

Con motivo da celebración do Magosto, o día 31 de Outubro todo o cole participou en diferentes actividades como xogos populares e merenda con castañas. 

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

Ademáis, durante toda a semana leváronse a cabo actividades relacionadas co Samaín.  A temática elixida, seguindo o proxecto do cole, “Pequenos pintores” , centrouse na obra  “ El grito” de Munch. As actividades foron as seguintes:

  • Concurso de relatos curtos partindo de dito cadro (os gañadores recibiron un agasallo).

  • Exposición de cadros personalizados. 

  • Elaboración con diferentes técnicas pictóricas, por parte dos nenos de Educación Infantil, do cadro nomeado.

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS (Semana do 29 de Outubro de 2018)

Ao longo da semana do 29 de Novembro de 2018 os nenos aportaron cabazas decoradas para poder facer unha exposición na entrada do colexio.  Os alumnos participantes recibiron un diploma.


               

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut