Skip to Content

Novas

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

 

"Pola nosa terra, a nosa lingua e a nosa poboación"

 

Un ano máis conmemoramos o día das Letras Galegas. Como todos os anos podedes participar no Concurso de Xermolos que a continuación achegamos. Deberedes poñer na parte de abaixo:

  • Nome e apelidos
  • Curso
  • Nome do centro

Se non se visualiza ben fai clic na imaxe

A maiores dispoñedes de máis material (dedicado este ano as Letras Galegas  a Ricardo Carvalho Calero) a continuación:

 

 

Por último, deixámosvos un gran traballo realizado polo alumnado do centro.

 

Esperamos que vos guste!!!

 

 

ROSALÍA DE CASTRO (24 de Febreiro)

Álbum: 2.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> ROSALÍA DE CASTRO

Desde o EDLG quixemos lembrar a Rosalía de Castro para conmemorar o 182 aniversario do seu nacemento, o 24 de  febreiro. Ademais de ser a escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo  galego e da súa lingua, tamén foi a voz da denuncia da marxinación do sexo feminino. Foi pioneira do feminismo literario en España, xa que a súa preocupación constante pola condición feminina impregnou a súa obra.

Xunto con Rosalía, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán foron as precursoras galegas da loita da muller no século XIX, tres grandes galegas implicadas na defensa da "igualdade", tres grandes mulleres dignas de homenaxear o día 8 de marzo.

 

CELEBRANDO O NADAL

 

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co gallo do Nadal, editouse un libro titulado Cantando e bailando celebramos o Nadal, onde se recopilaron panxoliñas, cantos de Reis...aportados por todo o alumnado.

Tamén se recolleron as cartas para enviar a Papá Noel e aos Reis Magos.

 

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS DO MUNDO

 

Estos son os cómics que realizamos os alumnos e alumnas do noso colexio sobre os "Dereitos da Infancia" para expoñer no noso recuncho da lingua durante o mes de novembro.

Cada clase representou colectivamente un dereito que podedes ver escrito enriba dos debuxos.

Agardamos que algún día a todos os nenos e nenas do mundo se lles respecten os seus dereitos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut