Skip to Content

3º ciclo

Programa Descubrindo o Norte. Xornada no CUVI

Enlace co programa da xornada no CUVI

 

DESC NOR

Descubrindo o Norte. Campionato Provincial Escolar de Orientación

O Proxecto Interdisciplinar "Descubrindo o Norte" tamén mostra os seus bos resultados no campo deportivo. O equipo de orientación formado por alumnos do CEIP Escultor Acuña, IES Álvaro Cunqueiro e IES Val Miñor, conseguiron 5 medallas no Campionato Provincial Escolar de Orientación, celebrado o día 12 de marzo en Mourente (Pontevedra).
Felicidades a todo o equipo polo seu esforzo e deportividade amosada. Seguimos traballando.

Provincial de orientación 2014

Descubrindo o Norte na Voz e Galicia

A Voz de Galicia á vez que fala das actuacións que se desevolven en contra da obesidade, alude ao proxecto Descubrindo o Norte.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/01/20/carreras-orient...

Lanza, batea, corre... comparte

A actividade física é moi importante para o desenvolvemento cognitivo, físico e afectivo e, do mesmo xeito que outros deportes de equipo, o béisbol, promove condutas sociomotrices, que tan importantes resultan na construción da personalidade e da nosa intelixencia emocional.


A materia de Educación Física, en permanente loita co sendentarismo, partindo da actividade física en calquera das súas variantes, ademais de promover valores como a disciplina, concentración, tolerancia, respecto, honestidade, responsabilidade, traballo en equipo, amizade e empatía entre outros, “regala” a quen a practica habitualmente grandes doses de beneficios para saúde.

Nestes días, en colaboración co Club Trasnos de Vigo iniciamos no Terceiro Ciclo de Educación Primaria a primeira parte da unidade didáctica correspondente a este deporte

 

Picando na imaxe accédese á galería fotográfica.

béisbol

 


Descubrindo o Norte 2013

O Alumnado do Terceiro Ciclo de Ed. Primaria levou desenvolveu a fase práctica da terceira edición do proxecto interdisciplinar Descubrindo o Norte que ten como eixo vertebrador o deporte de orientación.

Grazas a toda a comunidade escolar implicada no desenvolvemento do proxecto. Nesta edición o CEIP Carballal, o IES Álvaro Cunqueiro e o IES Val Miñor colaboraron, participaron e  enriqueceron este proxecto. Así entendemos o Ensino Público e así se fai a Escola Pública: de todos e para todos.

Nas seguintes iconas están os enlaces das galerías fotográficas das actividades desenvolvidas na Serra do Galiñeiro e no CUVI, así como a reportaxe do xornal universitario "Duvi", a galería da actividade de Primeiros Auxilios e o audiovisual.

audiovisual do proxecto fotogaleria  gali
Audiovisual do proxecto

      Galería fotográfica

da actividade no Galiñeiro

foto galería cuvi fotogaleria camp prov
Galería fotográfica

da actividade no CUVI

Galería fotográfica

Campionato Provincial

fotogaleria camp galego fotogalería prim aux

Galería fotográfica

Campionato Galego

Galería fotográfica

Primeiros Auxilios

Reportaxe Duvi
Reportaxe do DUVI. Universidade de Vigo

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut