Skip to Content

3º ciclo

Balonmán no CEIP Escultor Acuña

A actividade física xoga un papel fundamental tanto no desenvolvemento físico como no intelectual e social. Por iso é importante que o noso alumnado atope o tipo de actividade que máis lle guste e adáptese ás súas necesidades. Desde este punto de vista o equipo de mestres de Educación Física do CEIP Escultor Acuña, sempre que é posible, invita a deportistas e clubs dos equipos Vigo para que transmitan ao noso alumnado a súa paixón polo deporte así como os beneficios que este lles reportou.
Xogadores do Club Octavio de Balonmano visitaron o noso colexio a semana impartiendo varias sesións deste deporte con alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria.
Moitas grazas ao Club Octavio pola súa desinteresada colaboración.

Galeria fotográfica:

balonmano

 

Voleibol No CEIP Escultor Acuña

Como ven sendo habitual, Miguel Larrea, adestrador de Voleibol, compartiu co noso alumnado do  Eduación Primaria a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e, particularmente, por un dos deportes máis coeducativos.

Integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…. O minivoley, adaptación do voleibol ás idades do noso alumnado, permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Na seguinte icona están os enlaces da galería fotográfica.

Voley 2015-16 voley 3º4º
5º e 6º 3º e 4º

 

Descubrindo o Norte 2015: Fotomontaxe e Vacinas

Nos seguintes enlaces atoparedes a fotomontaxe do proxecto así como información moi interesante que Dª. África Gonzalez-Fernández (Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo) nos envía en relación coa conferencia que fixo o día que visitamos o CUVI.

Bo verán

folleto mitos vacunas gripe

Fotomontaxe do

proxecto

Folleto sobre vacunas

Sociedad Española de Inmunología Vacinas
Historia e ciencia

Descubrindo o Norte

As iconas seguintes teñen os enlaces á galería fotográfica e ao artigo do xornal dixital da Universidade de Vigo.

Galería CUVI duvi 15 galería Gali 

Galería fotográfica daxornada 

no CUVI

Xornal Dixital da

Universidade de Vigo

 

Galería fotográfica daxornada 

no Galiñeiro

Descubrindo o Norte 2015: Xornada no CUVI

A piques de rematar a etapa da Educación Primaria, toca amosar as competencias acadadas. O alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo facendo valer o lema do proxecto “Dígame e esquezo, móstreme e lembro, involúcreme e comprendo”. O día 29 de maio a comunidade escolar do CEIP Escultor Acuña compartirá novamente unha xornada cultural, formativa, deportiva e socializadora con CUVI. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao punto de reunión

Como chegar guia medioambiental 

Programa de

actividades

Información

complementaria

Como Chegar

 Guía Medioambiental

Campus de Vigo

O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra e Miram López Álvarez,  e a través do Proxecto Biocaps, nos presentarán os avances conseguidos no campo dos biomateriais, campo que lideran en España.

Doutra banda, os catedráticos África González e Carlos Spuch, nos explicarán a evolución das vacianas desde os seus orixes e os misterios que rodean ao cerebro humano respectivamente.

A Oficina do Medio Ambiente da Universidade de Vigo nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación onde , José Luís Armada, do servizo de deportes da universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut