Skip to Content

3º ciclo

Programa de actividades e instruccións do proxecto Descubrindo o Norte para 6º na xornada no CUVI

Programa de actividades do proxecto "DESCUBRINDO O NORTE" e información para a xornada no Campus Universitario de Vigo.documento instruccións CUVI

Campionato Escolar Galego de Deporte de Orientación 2013

 

     O equipo de orientación do CEIP Escultor Acuña e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, formado a partires do Proxecto “Descubrindo o Norte” en colaboración coa Universidade de Vigo e que está integrado polo alumnado de ambos centros ademais dalgún “fichaxe” do IES Val Miñor de Nigrán (Ensino Público todos eles), acaban de chegar do Campionato Escolar Galego de Deporte de Orientación celebrado en O Barco de Valdeorras (Ourense).

     Ao marxe dos resultados, quero felicitar a todo o equipo por todo: como deportistas por  habelo dado todo, polo respecto manifestado ante os seus rivais, por haber difrutado de todos os seus logros e por non haberse frustrado polos erros cometidos; como estudantes por saber poñer en práctica en situacións reais todo o aprendido; e como compañeiros por haber conseguido facer un grupo estupendo, responsable e divertido que fixo que me senta moi orgulloso de poder compartir todo este tempo con todos eles.


    Este equipo acadou o Campionato Galego na categoría Infantil Feminino. Nesta mesma categoría descaron Paula López Pequeño e Inés Alonso Méndez nos postos noveno e duodécimo respectivamente. Na categoría Infantil Masculino tamén brillaron os nosos orientadores xa que entre os nove primeiros postos entraron catro: 9 segundos impediron a Yomar Costa subirse ao podio: un cuarto posto non está nada mal.
Os equipos Cadete Feminino e Masculino foron un pouco máis discretos, en canto a resultados.

    Reitero os meus parabéns para todo o equipo

                    Galería de Fotos:                                                                                Resultados:colage galego de orientación 2013

Clasificacións e resultados.

Campionato Provincial de Orientación

O Equipo de Deporte de Orientación do Escultor Acuña, no que participan alumnos do colexio así como exalumnos que hoxe están no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo e algún outro "fichaxe" do IES Val Miñor de Nigrán, participou no Campionato Provincial de Orientación que se celebrou o día 20 de marzo nas instalacións e inmediacións do mercantil en Mourente, Pontevedra. Estamos orgullosos de todos eles. Ademais dos podios conseguidos. Os que non acadaron estes postos, fixeron moi bos tempos, quedando case todos eles nos postos de cabeza e manifestando gran satisfacción por todo o que compartiron con outros compañeiros e compañeiras do equipo así como cos adversarios, sentíndose moi satisfeitos polo esforzo realizado e as dificultades superadas e felicitando aos gañadores. Parabéns para todas e todos.

Facendo "clic" na imaxe se accede á galería de fotografías.

provincial de orientación

Sesión de Primeiros Auxilios

O alumnado de 6º curso da Educación Primaria asistíu á sesión teórico práctica de PRIMEIROS AUXILIOS. Esta actividade foi deseñada dende as áreas de Educación Física e Coñecemento do Medio. O grupo "SENDA AZUL" encargouse de dirixir de xeito moi dinámico e didáctico ésta máis que interesante actividade para o noso alumnado. En breve, desenvolverase unha sesión para os mestres e mestras do centro.Primeiros Auxilios

Xogamos a orientarnos

Ludos: Non Perdas O Norte

 

Picando na seguinte imaxe, atoparedes un enlace co que podedes descargar unha versión "Demo" para desenvolver carreiras de orientación de xeito virtual:

Xogo OrientaciónINSTRUCCIONES

-TECLAS DE DIRECCION PARA CORRER, MOVERSE A IZQ Y DCHA.

-TECLA M PARA VER EL MAPA. CON EL RATON PODREMOS HACER ZOOM MEDIANTE LA RUEDA, CON EL BOTON DERECHO PULSADO MOVERLO, Y CON EL BOTON IZQUIERDO ROTARLO PARA ORIENTARLO.

-TECLA ESPACIO PARA VER EL MAPA RAPIDAMENTE (INCLUSO MIENTRAS CORRES). SI MANTIENES LA TECLA ESPACIO PULSADA, PUEDES ORIENTAR EL MAPA CON LA BRÚJULA MEDIANTE LAS TECLAS DE DERECHA E IZQUIERDA
.
-TECLA ESC PARA SALIR DE LA PARTIDA

Distribuir contido


by Dr. Radut