Skip to Content

 

   

2º Curso

música 2º primaria 14 de maio

Bo día a todos e todas as nenas de 2º, hoxe propóñovos que escoitedes e cantedes esta canción feita por dúas nenas moi marchosas sobre a vida de Carvalho Calero, o noso paisano/gran escritor homenaxeado nas letras galegas. Déixovos unha ficha para que escribades tres obras importantes del.

PREGUNTOIRO MUSICAL CARVALHO CALERO

 

A ver canto sabedes da súa vida e da súa obra !!!

 

saúdos e bo finde longo!!!!Guay

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola familias:

Para esta semana dejo una ficha muy sencilla.

También os dejo mi correo por si teneis alguna duda o quereis hablar conmigo.

  lolypaz@edu.xunta.es

Mucho ánimo !!

Traballo de Inglés para a semana do 11 ao 15 de maio

Clicka AQUÍ para obter as fichas e os videos.

 

 

 

Lembrade que para calquera dúbida ou cousa podedes contactarme

en nachoteacher123@gmail.com

Un saúdo.

 

Actividades para o venres 8 de maio. 2ºE.P.

Bo día a tod@s. Mando as actividades para este venres. Que teñades unha boa fin de semana. Toca descansar.

música para 2º de primaria 7 de maio

Bo día a todos e todas, propóñovos facer esta actividade para esta semana:

Segue o musicograma da peza “A Primavera de Vivaldi” podes dar unha palmada cada vez que a abelliña se pousa nun debuxo. Fíxate que os debuxos grandes indican palmada forte e os pequenos suave(piano). Se te atreves a complicalo un pouco podes escoller unha forma de percutir diferente para cada debuxo (por exemplo: coas flores palmada, coas árbores pisada…) deixa voar a túa imaxinación e fai música con todo o corpo. Que familia de instrumentos escoitas na audición? Debuxa un e escribe o seu nome. 

 

MUSICOGRAMA A PRIMAVERA DE VIVALDI

 

Que tal van os vídeos da canción de Uxía Lambona e a banda molona.

Espero que estedes animados e animadas!!!

 

dedicatoria de Uxía Lambona para os nenos e nenas de EsteiroSorriso

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut