Skip to Content

 

   

1º Curso

música 1º primaria

BO DÍA A TODOS E TODAS, EU DESPÍDOME ESTE ANO, VOU PARA OUTRO COLE, E NON PODO DECIR QUE NON ESTÁ UN POUCO TRISTE A VERDADE, ASÍ QUE FIXEN UN GENIALLY PARA DESPEDIRME, NO QUE APARECE UNHA CANCIÓN MOI ESPECIAL E QUE ADEMAIS CANTA UN GRAN AMIGO MEU.

ESPERO QUE TODO O COLE CANTE ESTA CANCIÓN PARA REMATAR ESTE ANO TAN RARO E ESPECIAL.

BICOS A FEIXES E....

VÉMONOS SEMPREGuay

QUE TEÑADES UN FELIZ VERÁN!!!!

CLICKADE AQUÍ

1º Educación Primaria. Programación semanal 15-19 xuño.

Bos días, familias!

Como estamos na recta final e constame que os rapaces e rapazas de 1º están un pouco cansos, esta semana programamos unhas tarefas un pouco especiais. Esperamos que lles axude a cerrar este curso tan especial cun sorriso!

* A tarefa de TOY STORY está planificada para facerse durante a semana (unha misión por día)  porque é bastante longa... pero cada un o pode facer ao seu ritmo!  

Noraboa a todo o grupo (por suposto, familias incluidas) polo esforzo, o compromiso e a ilusión amosada durante todo o ano! 

Vémonos o xoves!

Un abrazo.

Alberto.

Traballo de Inglés para a semana do 15 ao 19

Hi there!

Ben, pois ata aquí chegamos neste curso tan estrano. Foi un curso cheo de medos e incertidumes pero tamén tivo a súa dose de alegría e esperanza. Dende aquí deséxovos que todo vaia a mellor e que non se repita un tempo tan escuro coma este.

Para esta semana, unhas actividades divertidas.

 

Se non sabes xogar a Kahoot pulsa AQUÍ.

KAHOOT 1º:

https://kahoot.it/challenge/02958008?challenge-id=2b7bbc95-0b8c-4b90-9c59-1279984012a4_1591952186454

Game PIN: 02958008

 

KAHOOT 2º:

https://kahoot.it/challenge/06788193?challenge-id=2b7bbc95-0b8c-4b90-9c59-1279984012a4_1591951993601

Game PIN: 06788193

 

Sonic Adventure

https://view.genial.ly/5ee356479a05850d6d993fa8/game-sonic-adventure

 

Espero que pasedes un magnífico verán.

Un saúdo.

1º Educación Primaria. Programación semanal 8-12 xuño.

Ola, familias.

Adxunto a programación semanal. Neste caso, agradecería que me enviárades unha captura da páxina 30 do caderno de galego.

En relación aos exercicios, lembrádelles aos rapaces/as que en galego o signos de interrogación/exclamación póñense unicamente ao final da oración (igual que ocorre co inglés).

 

Bo comezo de semana! Ánimo!!

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

Preme AQUI para descargar os traballos e videos de Inglés para esta semana.

Un saúdo.Guay

1º Educación Primaria. Programación semanal 1-5 xuño.

Bos días, familias.

Déixovos a programación semanal.

Neste caso, agradeceríavos que me mandárades ao correo un audio con dúas estrofas do poema "La casa de mis vecinos" da páxina 214 do caderno de lingua castelá. Podedes enviala ao longo de toda a semana.

Entramos na recta final! ÁNIMO!!

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ, para descargar o traballo desta semana!

Un saúdoRisa!!

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Preme AQUÍ para descargar o traballo para esta semana.

Un saúdo!Guay

1º Educación Primaria. Programación semanal 25 - 29 maio.

Bos días, familias.

Esta semana agradeceríavos que me enviárades dúas fotos: unha do caderno de lingua castelá e outra do caderno de mates. Podedes envialas as dúas xuntas nun mesmo correo (así organízome mellor). Como xa vos comentei anteriormente, é unha tarefa voluntaria.

Para calquera dúbida: albertoconejo@edu.xunta.gal.

Vémonos o mércores! Ánimo! 

Traballo de Inglés para a semana do 25 ao 29 de maio

Descarga AQUÍ  as tarefas e videos para esta semana.

Espero que estedes todxs ben!

As fichas levan no seu nome a páxina á que pertencen do Activity Book. Se se ten o libro

na casa podemos facela no libro e evitar unhas fotocopias.

Un saúdo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut