Skip to Content

 

   

1º Curso

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 17 de marzo.

Bos días, familias!

Antes de nada quería facer unha aclaración: Non me gustaría que ninguén se angustiase con estas tarefas. Tendo en conta a situación que estamos vivindo, é normal que o ritmo na casa non sexa coma no colexio. Estas fichas que estou enviando son voluntarias e de repaso. A miña intención é que teñades material de sobra para eles por si o precisades, pero cada familia pode decidir facer menos ou non facelas segundo as súas circunstancias.

O realmente importante é que todos os días lean con vós (e que lle fagades preguntas sobre a lectura), practiquen un pouco de caligrafía e repasen sumas e restas. Aproveitade este tempo nas casas para traballar tamén outros aspectos necesarios como a autonomía, normas e hábitos.

Hoxe, propóñovos:

- Cantar a canción de “La cara que tengo yo” en lingua de signos coa palabra máxica: “ojos”.

- Xogar con eles a buscar nomes de cousas da casa que empecen por diferentes letras “C”, “B”... E despois facer unha lista escribindo as palabras atopadas que lembren (Esta segunda parte pode resultarlles algo complicado aínda).

- Que inventen unha coreografía sobre unha canción escollida por un adulto e despois gravádea co móbil para que teñan o seu propio videoclip.

 

Ánimo.

Saudiños, familias!

1º Educación Primaria. Tarefa Luns 16 de marzo.

Ola familias! Deixarei por aquí, diariamente, unha serie de fichas que poden ir facendo os nenos/as.

No caso de non ter impresora podedes facelas nun caderno que teñades na casa (mellor se é con pauta).

O interesante é que traballen todos os días un pouco, non vos preocupedes por nada, isto serviranos de repaso para cando retomemos as clases. Se tedes algunha dúbida podedes mandarme un correo a albertoconejo@edu.xunta.gal .

Lembrade que podedes traballar moitas cousas a través dos xogos. Hoxe, por exemplo, propóñovos:

- Cantar a canción dos días da semana en lingua de signos coa palabra prohibida: “viernes”.

- Contar cantas cadeiras atopan na casa e despois contar cantas patas teñen entre todas.

- Facer un debuxo e despois convertelo nun puzzle dividindoo en pequenos cachiños que terán que recortar eles.

 

Se alguén está interesado en ter máis recursos, a maiores, podedes descargar unha compendio de fichas de lectoescritura (método Boo) no seguinte enlace:

http://www.mediafire.com/file/lnjmmotwetm/LECTOESCRITURA_JOSE_BOO..rar/file

Tamén podedes atopar moitas actividades de inglés neste outro enlace:

https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en

 

Moito ánimo que isto, entre todos, ímolo superar.

Saudiños, familias!

Atentos!


Unha clase moi interesante. Volveremos en inverno para ver como segue todo.


Grazas ás nais que nos axudaron tanto e que sen o seu traballo isto non sería posible.

O Buxo


Agora xa sabemos que as buxainas chámanse así porque se fan coa madeira deste arbusto. E tamén algunhas gaitas!!

2ª Visita - O Outono

Debaixo dun carballo hai moito que ver. Tamén estudamos o teixo, os plátanos, un bidueiro, a maciñeira e ata o buxo.

Traballamos


Pero non todo foi mirar o plano, tamén debuxamos o que vimos.

Os edificios da universidade


Tres nais nos acompañan e nos axudan.Vimos enfermaría e podoloxía, enxeñaría, o comedor, humanidades...

1ª visita ao Campus de Esteiro

   


Desde o grupo de primeiro queremos que saibades que imos coñecer algunhas árbores que hai no Campus de Esteiro. Iniciamos a primeira visita cargados de planos para non perdernos e de moita ilusión.

CONSEGUÍMOLO!!!

Xa avisamos de que volveriamos plantar os xeranios. Desta volta están protexidos cuns paos que esperamos non nos tiren. Tamén hai un cartel para avisar que non se poden pisar, son seres vivos e nos gustan, recordades?


Mirade como o fixemos. Xa temos ganas de saber de cor serán as flores.




SOPRA NESTE FURADIÑO

O venres 18, todos os compañeiros de primeiro e tamén os de segundo, estivemos no salón de usos múltiples lendo un conto de Antón Cortizas que se titula : "Sopra neste furadiño "


Gustounos moito e fomos moi obedientes, mirade como sopramos para que voase o elefante, secase a roupa, ...

Distribuir contido


by Dr. Radut