Skip to Content

 

   

1º Curso

1º Educación Primaria. Programación semanal 18 - 22 maio.

Bos días, familias.

Deixovos a programación semanal.

Neste caso, agradeceríavos que me mandárades ao correo un audio dunha estrofa do poema "Primavera no bosque" do caderno de galego. Podedes enviala ao longo de toda a semana. Como xa vos comentei anteriormente, é unha tarefa voluntaria. Enviádema en calquera formato, o que vos sexa máis cómodo a vós. 

No caso de Educación en valores, esta semana metín unha ficha interactiva. Podédela facer a través de tablet ou pc ... pero se preferides tamén se pode imprimir ou facer de forma oral con eles. (Se a facedes en tablet ou pc, cando terminedes debedes marcar a opción "comprobar mis respuestas")

Para calquera dúbida... albertoconejo@edu.xunta.gal.

Vémonos o mércores!

1º Educación Primaria. Programación semanal 11-14 maio.

Déixovos a programación semanal.

Nesta ocasión, como o venres é festivo, pasei un pouco da tarefa de ciencias para o xoves. Espero que non se vos faga moito.

E, como vos comentei o outro día, agradecería que me mandárades unha foto das páxinas 14-15 de galego ao correo. Podedes enviala ao longo de toda a semana (non é preciso que sexa xusto o mércores). Isto é voluntario, cada familia ten as súas circunstancias e entendo que, por diferentes motivos, algunhas non poidan envialas.   

Para calquera dúbida, lembrade que podedes escribirme ao correo albertoconejo@edu.xunta.gal.

 Moito ánimo!

1º Educación Primaria. Programación semanal 4-8 maio. Editado

Bos días, familias.

Déixovos a programación desta primeira semana de maio.

Para calquera dúbida, lembrade que podedes escribirme ao correo albertoconejo@edu.xunta.gal.

 

Ánimo!

 

1º Educación Primaria. Programación semanal 27-30 abril. EDITADO.

Bos días, familias.

A partir de hoxe comezamos a traballar cos cadernos do 3º trimestre.

Adxunto unha programación semanal destes e unha organización das tarefas propostas polos especialistas (podedes acceder a estas a través dos hipervínculos).

Debido a situación que estamos atravesando, as dificultades de conciliación laborais, de recursos, de tempo... programei de tal forma que as tarefas non deberan exceder as 2 horas de estudo. Se é así podedes retirarllas e continuar noutro momento ou noutro día.

Tamén organicei as materias por días, deste xeito espero que se vos facilite un pouco o traballo.

Da mesma forma, se alguén o considera oportuno segundo as súas circunstancias, ten a posibilidade de completar os exercicios restantes das páxinas indicadas para cada día.

Espero poder facer en breve con vós unha reunión a través da plataforma Webex para tratar estes e outros aspectos. Mentres tanto, se tedes calquera consulta, non dubidedes en escribirme por Espazo Abalar ou por mail a albertoconejo@edu.xunta.gal .

Editado: Correxido o erro do caderno de lingua galega. Modificamos a última tarefa do xoves cambiandoa por unha proposta de Dani, o especilista de Ed. Musical.

Ánimo.

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 24 de Abril.

Guten Morgen, familias!

Proposta de tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Monstruo de los colores” en lingua de signos coa palabra prohibida: “monstruo”.

- Observar os cambios de estado da auga facendo o experimento de conxelala (líquido a sólido) e fervéndoa (líquido a gasoso).

- Ordenar de menor a maior a idade de 3 membros da familia.

 

Boa fin de semana!

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 23 de abril

Kon´nichiwa, familias!

A proposta de tarefas de hoxe é:

- Cantar a canción de “Un elefante se balanceaba” en lingua de signos coa palabra máxica: “balanceaba”.

- Debuxar nun folio 5 animais domésticos e 5 animais salvaxes. Despois escribir os seus nomes.

- Ler a un membro da familia o teu conto favorito para celebrar o día do libro.

Unha das familias recomendoume unha colección de audiocontos moi interesantes do Museo de Ciencias Naturales, déixovos o enlace por si alguen non a viu:

https://www.mncn.csic.es/es/visita-el-mncn/educacion/cuentame-como-dedicarme-la-ciencia

Ánimo!

música 1º primaria

Bo día a todos e todas, velaquí vos deixo un vídeo sobre os instrumentos musicais. Despois de velo un par de veces podedes facer un dibuxo no que aparezan:

- un instrumento de percusión

- un instrumento de vento

- un  instrumento de corda

fai click para ver o vídeo

saúde e ánimo que queda pouco!!!Guay

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 22 de abril.

Bos días, familias!

Hoxe vouvos propoñer os seguintes retos:

- Cantar a canción de “Los días de la semana” en lingua de signos coa palabra prohibida: “domingo”.

- Gravar un vídeo recitando un poema.

- Buscar información (en internet, preguntando na casa...) sobre como se chaman as crías dos seguintes animais: galiña, vaca, ovella e porca. Despois pensa cal é o único animal ovíparo deles.

Moito ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut