Skip to Content

 

   

1º Curso

fichas de música para 1º e 2º de primaria

Bo día, aquí tedes dúas fichas de instrumentos musicais para imprimir ou copiar  e colorear, tamén un enlace a un vídeo divertido no que explican as figuras e os silencios musicais. 

 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER O VÍDEOGuay

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 31 de marzo.

Bos días, familias!

Hoxe propóñovos:

- Cantar a canción de “Un elefante se balanceaba” en lingua de signos coa palabra prohibida: “araña”.

- botar unha partida a xogo de cartas “A escoba”.

- Elaborar un debuxo abstracto. Podedes guiarvos neste enlace:

https://aulasgalegas.org/a-arte-abstracta-na-casa/

Vos deixo outro conto lido: http://www.kalandraka.tv/gl/video/sandra3p

 

Ánimo.

1º Educación Primaria. Tarefa Luns 30 de marzo.

Kon´nichiwa, familias!

Comezamos a semana coa seguinte proposta de tarefas:

- Cantar a canción de “Para durmir a un elefante” en lingua de signos coa palabra máxica: “coco”.

- Elaborar un tangram con cartón ou cartolina. Despois xogar a elaborar diferentes debuxos co mesmo.

https://www.youtube.com/watch?v=7wWQWUWHr5U

- Ver con atención o seguinte vídeo de “Érase una vez el cuerpo humano”. Ao rematar terán que explicarvos que ocorreu, que foi o que máis lles gustou e facer un debuxo sobre o episodio.

 https://www.youtube.com/watch?v=xHTajqHm33A&list=PLlE4Xc7KvdwwqfwJjQxClEwOFuL6fSJ37&index=3

 

Ánimo!

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 27 de marzo.

God morgen, familias!

Tarefas que podedes facer hoxe:

- Cantar a canción de “A mi burro” en lingua de signos coa palabra prohibida: “gorrita”.

- Xogar unha partida ao parchís (sen trampitas).

- Facer unha torre de naipes. O máis alta posible.

Déixovos outro conto lido:

http://www.kalandraka.tv/gl/video/beaconta

 

Boa finde!

tarefas de música para 1º, 2º, 3º e 4º

Aquí tedes un enlace para repasar as notas musicais xunto con tres fichas tamén de repaso, ademais aos e as de 3º e  4º lembrarlles que poden seguir a  tocar algunha canción sinxela coa frauta, e os/as de 4º seguir a compoñer estrofas da regueifa.

fai click aquí para repasar as notas musicais

canción para frauta "fais dodo" 3º primaria con play backGuiño

canción para frauta "polka" 4º primaria con play backSorriso

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 26 de marzo.

Nĭ hăo, familias!

Tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Un barquito chiquitito” en lingua de signos coa palabra máxica: “chiquitito”.

- Xogar a palabras encadeadas: unha persoa di unha palabra e a seguinte ten que pensar outra palabra que empece pola última sílaba da anterior. Exemplo: PataTA – taZA – zapaTO – tomaTE...

- Facer una receita rica con eles e ir comparando as cantidades dos ingredientes.

 

A editoral Kalandraka puxo en marcha unha iniciativa “Lecturas que curan” moi interesante.

kalandraka.tv/gl/video/ballesconta

 

Ánimo!

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 25 de marzo.

Buogiorno, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “Para dormir a un elefante” en lingua de signos coa palabra prohibida: “chupete”.

- Traballar orientación espacial, atención e memoria mediante este xogo:

https://www.facebook.com/orientacionandujar/videos/1488790651330885/

Podedes cambiar nos folios as cores por figuras xeométricas e traballar así xeometría.

- Dividir un folio en 4 partes e facer un debuxo da seus 4 animais preferidos, escribir o seus nomes e clasificalos en mamíferos, aves, peixes, réptiles ou anfibios.

 

Saúdos!

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 24 de marzo.

Guten Morgen, familias!

Proposta de tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Un elefante se balanceaba” en lingua de signos coa palabra prohibida: “elefante”.

- Buscar e ir enumerando cantos obxectos de cor branco teñen na casa.

- Pensar palabras que empecen por as sílabas: LA, PI e ME.

 

Aproveito para informarmos de que o departamento de orientación está elaborando material complementario para o alumnado que asiste a reforzo de audición e linguaxe. As familias destes alumnos, se vos interesa reforzar estes contidos, enviádeme un correo a albertoconejo@edu.xunta.gal para poder mandárvolo.

Moito ánimo!!

1º Educación Primaria. Tarefa Luns 23 de marzo.

Bonjour, familias!

Tarefas que podedes facer hoxe:

- Cantar a canción de “A mi burro” en lingua de signos coa palabra máxica: “médico”.

- Ordenar a habitación e contar cantos xoguetes y obxectos recolleron.

- Se pola casa tedes un pouco de purpurina podedes facer con eles unha botella da calma, é moi doado, podedes usar de guía o seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=uLhg-IEueTk

 

Aproveito para informarvos de que, a partir de hoxe, varias emisoras de televisión emitiran contidos educativos:

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

 

Saúdos!

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 18 de marzo.

Good morning, familias!

Hoxe propóñovos o seguinte:

- Cantar a canción de “Un barquito chiquitito” en lingua de signos coa palabra prohibida: “barquito”.

- Aprender a facer un barco de papel. Podedes seguir os pasos neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=tbUkxPJXdlQ

Deberán contar cantas veces tiveron que dobrar o papel para facer o barco. Por último, decoralo.

- Facer un debuxo da súa familia, escribindo o membro da familia e o seu nome, exemplo, “Avó Pepe”, “Tío Juan”... recordádelle que os nomes propios sempre comezan con maiúscula.

 

Paciencia e ánimo nesta ponte. O vindeiro luns continuamos coas tarefas.

Saúdos!

Distribuir contido


by Dr. Radut