Skip to Content

 

   

1º Curso

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 21 de abril.

Dober dan, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “Un barquito chiquitito” en lingua de signos coa palabra prohibida: “chiquitito”.

- Facer unha portada alternativa dun conto coñecido. Debe levar o título con letras bonitas e un debuxo sobre a trama do conto elixido.

- Medir a pata dunha cadeira de casa (primeiro farémolo coas palmas das mans e despois cunha regra ou metro en centímetros).

 

Déixovos un conto lido: http://www.kalandraka.tv/gl/video/pacochuvia

Ánimo

1º Educación Primaria. Tarefa Luns 20 de abril.

 

Bonjour, familias!

Tarefas propostas para facer hoxe:

- Cantar a canción de “La cara que tengo yo” en lingua de signos coa palabra máxica: “pelos”.

- Inventar un chiste moi divertido ou copiar un que xa coñezan. Despois o escribirán nun folio acompañado dun debuxo. Este xoves celébrase o día do libro, así que se repetides esta tarefa durante a semana, cando remate, terán un libro de chistes propio para ensinalo a familiares e amigos.

- Xogar a encestar unha pelota de papel na papeleira. Contarán cantas veces encestan para practicar a numeración. (Para que non se cansen moito podedes contar as canastas empezando nunha decena determinada, así practicarán máis números).

 Bo comezo de semana!

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 17 de Abril.

God morgen, familias!

Tarefas que podedes facer hoxe:

- Cantar a canción de “El monstruo de los colores” en lingua de signos coa palabra prohibida: “azul”.

- Preguntar a idade de varios membros da familia e clasificalas en números pares e impares.

- Facer un debuxo abstracto.  Primeiro collemos unha folla de papel e a arrugamos e despois a estiramos e novo. Por último, coloreamos os espacios que se formaron na folla de diferentes cores.

Podemos aproveitar o fin de semana para practicar un pouco de yoga:

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=69s

 

Boa finde!

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 16 de Abril.

Buogiorno, familias!

Retos para o día de hoxe:

- Cantar a canción de “Para dormir a un elefante” en lingua de signos coa palabra prohibida: “dormir”.

- Saltar a corda e contar o número de chimpos que son capaces de dar sen tropezarse.

- Facer un debuxo da palma da man repasando o contorno da mesma cun lapis e despois escribir o nome de cada un dos dedos.

 

Reto extra para os que teñen irmáns pequenos: tedes que axudarlles e servirlles de bo exemplo para que se porten ben.

Unha aperta!

MÚSICA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

OLA A TODOS E TODAS , DEIXO AQUÍ UN PAR DE FICHAS PARA IMPRIMIR OU COPIAR NA LIBRETA, E UNHA CANTIGA PARA CANTAR COA FAMILIA

SAÚDOSSSS!!!!!Sorriso

 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER E ESCOITAR A PULGA E O PIOLLO

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 15 de abril.

Good morning, familias!

Hoxe propóñovos:

- Cantar a canción de “Los días de la semana” en lingua de signos coa palabra prohibida: “miércoles”.

- Axudar a facer unha receita identificando cal é o ingrediente que máis abunda na mesma e o que menos.

- Escoitar música e despois escribir os títulos das 3 cancións que máis lles gustaron.

Vos deixo un conto lido en lingua de signos: https://www.youtube.com/watch?v=7r9b2Kqt3tg

Ánimo.

1º Educación Primaria. Tarefa Martes 14 de abril.

Bos días, familias!

Despois destas "vacacións" tan especiais voltamos a carga de novo.

Proposta de tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Un elefante se balanceaba” en lingua de signos coa palabra prohibida: “araña”.

- Buscar e ir enumerando cantos obxectos de azul teñen na casa.

- Escoller unha foto dun álbum e facer un debuxo da mesma para regalar ao avó, á avoa ou a outro membro da familia.

 

Moito ánimo!!

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 3 de Abril.

Bonjour, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “Los días de la semana” en lingua de signos coa palabra prohibida: “Viernes”.

- Facer un xoguete co seguinte recortable:

http://madebyjoel.com/2012/02/paper-circus-rider-toy.html

- Seguir un víde de yoga para calmalos cando estén un pouco inquedos.

 https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ

- Colorear un debuxo (ou varios) dos que deixo adxuntos.

 

Espero que pasedes unhas vacacións de semana santa tranquilas.

Moito ánimo e paciencia a todos e a todas!!

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 2 de Abril.

Good morning, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “La cara que tengo yo” en lingua de signos coa palabra máxica: “cara”.

- Facer unha peonza caseira:

https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/manualidades/disco-giratorio-manualidad-facil-de-reciclaje-para-ninos/

- Xogo de contar historias: É preciso meter previamente nunha bolsiña 8-10 papeis pequenos con diferentes debuxos (unha casa, unha pelota, un can... o que prefirades). Eles terán que sacar tres deses papeis e contarvos unha historia na que interveñan os elementos que lles tocaron.

Outro conto lido: http://www.kalandraka.tv/gl/video/beacarta

Ánimo

1º Educación Primaria. Tarefa Mércores 1 de Abril.

Buenos días!

Tarefas que podemos facer durante o día de hoxe:

- Cantar a canción de “Un barquito chiquitito” en lingua de signos coa palabra máxica: “navegar”.

- Buscar na casa obxectos con diferentes formas xeométricas: cadradas, circulares...

- Traballar as emocións mediante plastilina: deberán facer diferentes caras atendendo a expresión destas (unha cara contenta, enfadada, triste...) despois deberán explicar por que motivo se poderían sentirán así. (Se non tedes plastilina poden facelo a través dun debuxo).

 

Ánimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut