Skip to Content

 

   

1º Curso

QUE DECEPCIÓN!!

O mércores 16 de marzo, viñeron cortar a herba uns señores que, sen querer, cortaron tamén os dous xeranios que plantáramos. Xa estaban medrando e agora non están.


Pero tranquilos todos e todas, non nos renderemos e voltaremos plantar máis. Seguide atentos porque poñeremos aquí as fotos. Iso si, por favor, coidádeos igual ca nós, porque lles queremos ver as flores.

PLANTAMOS XERANIOS

O 24 de febreiro plantamos dous xeranios debaixo dunha camelia no patio da escola. Antes non sabiamos como eran, pero agora si. Fixemos un furado, mollamos o talo dos xeranios, botámoslles hormonas de enraizamento para que lle medren rápido as raíces e metímolos nos furados. Tapámolos ben para que medren axiña.

Distribuir contido


by Dr. Radut