Skip to Content

 

   

6º Curso

MATESChef ESTEIRO


O alumnado quixo poñer en práctica distintos coñecementos adquiridos facendo uns doces moi ricos.

Aquí tedes unha mostra:

   
     

 

Nuns días publicaremos o noso libro de receitas bilingüe para que poidades probar tamén na casa.

Bo proveito!

 

OS RAPACES DO COLEXIO TEÑEN OPINIÓN

Como froito do traballo na clase de lingua castelá, o DIARIO DE FERROL publicou varias noticias dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. O dereito á vivenda, a solidariedade cos que menos teñen ou os abusos escolares dan o fondo a tres cartas importantes. Foron redactadas por Fiana Lamas, Iago Díaz-Garzón e Carmen Maldonado. Podes lelas no arquivo que se xunta.

 

UNHA ENFERMEIRA, ALICIA, VISITA 6º EP

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria entrevistamos o día 8 a Alicia, unha enfermeira da Residencia Arquitecto Marcide, facéndolle preguntas sobre enfermidades infecciosas e non infecciosas. Tivo que respostar a un bo número de preguntas. Se queres coñecelas, clica no arquivo adxunto que se atopa debaixo das fotografías.

                               

                               

MANZANEDA 2011

GRUPO DIANTE DO SEU ALOXAMENTO.


MANZANEDA 2011

BONITA IMAXE DA PAISAXE COMPARTIDA CUN COLEXIO DE CUNTIS.


A FARSA DAS ZOCAS

REPRESENTACIÓN  DA OBRA TEATRAL "A FARSA DAS ZOCAS" POR PARTE DO ALUMNADO DE SEXTO, BAIXO A DIRECCIÓN DE MERCEDES CANTO SANTIAGO, NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO, HOXE ÁS CINCO DO SERÁN.

Distribuir contido


by Dr. Radut