Skip to Content

 

   

Secretaría

Documentos de secretaría

CONTACTO CO CENTRO

HORARIO DE ATENCIÓN

A oficina do centro permanecrá aberta:

do 1 ao 14 de xullo en horario de 09:00 a 13:00 

 

Teléfonos de contacto: 981 35 29 04 / 698 17 95 53

Para calqueira consulta ou petición de documentación mediante o correo electrónico:

ceip.esteiro@edu.xunta.gal

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

A relación de libros de texto para o curso 2023-2024 está dispoñible no adxunto.

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Acaban de publicar no BOP as BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2023-2024. CONCELLO DE FERROL.CIVIDAS 2023012102.

PRAZO: 10 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia. 

As axudas cubren os seguintes apartados:

 Liña 1: Bolsas de comedor escolar: dirixidas a menores que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino público ou concertado da cidade e que cursen: Educación Infantil ,Primaria e centros de educación especial da cidade. Tanto nos centros públicos como nos concertados as axudas poderán ser en concepto de almorzo e/ou xantar. ·

Liña 2: Axudas escolarización (material escolar): dirixidas ás persoas menores de idade que residan en Ferrol e estean matriculados nun centro de ensino da cidade e que cursen: Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica (nas súas diferentes modalidades) e Formación Profesional de Grao Medio. 

A documentación necesaria consta no apartado 5 que deberá ser entregada no rexistro xeral do Concello de Ferrol.

No centro deberedes solicitar o Certificado Escolar correspondente ao curso 2022-2023

 

Para máis información 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/system/files/20230515_Concello_AxudasComedor.pdf

ADMISIÓN 2023-2024

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos están publicadas no taboleiro interior do centro cos datos persoais do alumnado.

ENQUISA DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

Estimada comunidade educativa; a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 establece o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha ENQUISA bianual nos centros educativos. 

A recollida de datos por sectores nas seguintes ligazóns:

É preciso facer dita enquisa para poder contar cuns resultados fiables para desenvolver proxectos ou plans neste eido.

Grazas pola vosa colaboración. 

XUNTA DE GALICIA - CAMPAÑA DE VERÁN 2023

ORDE do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

 PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

AUTORIZACIÓN PARA O USO DA IMAXE PERSOAL E VOZ DO ALUMNADO

Para dar cumprimento ao uso da imaxe persoal e voz dos membros (alumnado, persoal docente e non docente) do centro, existe un formulario creado pola Consellería onde as familias expresades dita autorización.

Extracto dos campos autorizados:

 

Páxina web do centro                    https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/                  

SI NON

Blog do centro                              http://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/

                                                              http://educacioninfantilesteiro.blogspot.com/

SI NON

Canal Youtube do centro:             https://www.youtube.com/@ceipesteiroferrol6259/

SI NON

Redes sociais             https://www.instagram.com/invites/contact/?i=1x8skj02h405w&utm_content=nus2oo0

SI NON

Documentos ou memorias de actividades, revista do centro, trípticos ou carteis ou montaxes multimedia de promoción de actividades.

SI NON

Outros  Radio na escola (podcasts e entrevistas)

SI NON

Adxunto tedes o modelo.

RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

Aplicación para a xestión de reserva coas instrucións (premer no enlace)

 AdmisionAlumnado

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

•O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

Este ano celebramos eleccións ao Consello Escolar, a continuación tedes toda a información relacionada co proceso:

  1. Publicación no DOG da Resolución do 19 de setembto de 2022.
  2. Circular informativa anunciando o sorteo da Xunta Electoral e o proceso.
  3. Sorteo público ás 13:30 para a designación dos integrantes da xunta electoral.
  4. Citación aos membros seleccionados para constituir a Xunta Electoral o día 8 de novembro ás 18:15.
  5. Constitución da Xunta Electoral o día 8 de novembro.
  6. Calendario de actuacións. 
  7. Folla (formulario) para a presentación de candidaturas. (Ata o 18 de novembro)
  8. Candidaturas presentadas para o sector das familias
Distribuir contido


by Dr. Radut