Skip to Content

 

   

Secretaría

Documentos de secretaría

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-2022

CALENDARIO: do 10 de xaneiro ao 31 de maio

ACTIVIDADES (horarios e grupos) de 16:00 a 17:30

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

Ed. Infantil

3 anos

 Baile moderno

(usos múltiples)

       

Ed. Infantil

4 anos

Patinaxe

(pavillón) 

       

Ed. Infantil

5 anos

 

 Debuxo e pintura

(usos múltiples)

     
 1º  

Patinaxe

(pavillón) 

     
 2º    

Patinaxe

(pavillón)  

   
 3º      

Patinaxe

(pavillón)  

 
 4º    

Robótica 

(usos múltiples) 

   
 5ºA          Patinaxe

(pavillón) 

 5ºB      

 Debuxo e pintura

(usos múltiples)

 
 6ºA        

 Robótica 

(usos múltiples)

 6ºB      

Robótica

(PT2) 

 

INFORMACIÓN DE INICIO DE CURSO 2021-2022

CURSO ESCOLAR 2021-2022

  

 REUNIÓNS COAS FAMILIAS (1 membro da familia)

 

LUNS 6 DE SETEMBRO MARTES 7 DE SETEMBRO MÉRCORES 8 DE SETEMBRO

- 4º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples

- 1º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

- 5ºB Educación Primaria - 13:00 - Aula EP5B

- 5ºA Educación Primaria - 13:10 - Aula EP5A

 - 3 anos Educación Infantil - 9:30 - Usos múltiples

 - 5 anos Educación Infantil - 11:00 - Usos múltiples

 - 4 anos Educación Infantil - 12:30 - Usos múltiples

 - 3º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples 

- 6ºB Educación Primaria - 10:15 - Aula EP6B

- 6ºA Educación Primaria - 10:30 - Aula EP6A

- 2º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

 

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

As clases comezarán o 9 de setembro para o alumnado de Educación Infantil e Primaria en horario habitual de 09:00 a 14:00 (agás para o alumnado de 4º de educación Infantil - 3 anos que recibirán as instrucións na reunión coa titora).

As entradas e saídas serán escalonadas como o curso anterior estando marcadas as horas nas portas de entrada ao recinto (porta 1 para infantil e porta 3 para primaria). É preciso que sexamos puntuais e respectemos os horarios asignados para evitar aglomeracións inncesarias.

Dispoñedes de máis información no seguinte documento.

 

SERVIZO DE COMEDOR

O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

  1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h.
  2. Servizo de xantar de 14:00 a 15:30h.

Dito servizo terá as seguintes características:

  1. O alumnado empregará o comedor do centro sentado por grupos estables de convivencia (clase) en mesas separadas do resto.
  2. Os sitios serán fixos respectando as distancias co resto de grupos estables.
  3. Os comensais serán fixos no almorzo e xantar, podendo ser días determinados ou a semana completa, sen poder apuntarse ao servizo nun día por un imprevisto.

Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF con data tope o luns 6 de setembro.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informaremos das actividades tras a reunión co Concello.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 

Lembrade que tedes na sección correspondente ao COVID-19 toda a información para este curso escolar.

PROGRAMA CUBERTOS 2021

Publicada a listaxe do alumnado inscrito no Programa Cubertos 2021.

Enlace

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A listaxe provisional de admitidos en Fondo Solidario de Libros de Texto está no taboleiro interior do centro.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO NOVO GRUPO DE 3 ANOS PARA O CURSO 2021-2022

A reunión coas familias do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil (3 anos) para o curso 2021-2022 terá a reunión:

Día: 28 de xuño 2021

Hora: 12:30

Lugar: Usos múltiples

 

SOAMENTE PODERÁ ASISTIR UN FAMILIAR POR NENO/A

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Listaxe dos libros de texto para o curso 2021-2022.

RELACIÓN DE LIBROS

SELECCIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias, de cara a organización das actividades extraescolares do curso 2021-2022 precisamos que completedes a información daquelas que vos poderían interesar para os/as vosos/as fillos/as.

O centro ofertará aquelas actividades seleccionadas pola maioría a partir do 4 outubro do 2021 ata o 31 de maio do 2022 polo que é importante que escollades un MÁXIMO de 4 actividades.

Agradeceríamos que cubrísedes o seguinte formulario antes do día 11 de xuño de 2021. 

FORMULARIO

COMEDOR ESCOLAR - APLICATIVO COLECHEF

O Concello de Ferrol e a empresa que xestiona os comedores escolares acaban de centralizar nunha única aplicación toda a información e xestión incluso se tedes fillos e fillas que acoden a diferentes centros con servizo de comedor Serunión poderedes xestionalo todo cun mesmo usuario de maneira moi sinxela.

Podedes descargar os seguintes adxuntos dependendo se sodes usuarios xa rexistrados ou novos usuarios de cara o vindeiro curso:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut