Skip to Content

 

   

Secretaría

Documentos de secretaría

ADMISIÓN 2021: LISTAXE DE PRAZAS DEFINITIVAS

As familias podedes consultar nos taboleiros do centro a relación definitiva de admitidos/as no proceso de admisión 2021-2022.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) foi admitido na súa totalidade.

Para os demais cursos podedes consultar esta información no centro educativo. 

BOLETÍNS DE NOTAS

Estimadas familias, este ano non se entregarán os boletíns de notas en papel.

Poderedes acceder á información relativa ás cualificacións a través de AbalarMóbil

CRITERIOS E PROCEDEMENTO PARA REPARTIR MASCARILLAS


 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Convocatoria no D.O.G. do 29-09-2021 Resolución do 20 de setembro de 2021.

Estimadas familias. 

Corresponde este ano celebrar as eleccións ao Consello Escolar dos distintos sectores da comunidade educativa, segundo RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/21). 

Dada a importancia que ten tal celebración, envíovos o calendario de actuación para que esteades puntualmente informadas. 

O primeiro acto será o do sorteo público, ás 09:15h do próximo mércores, día 27 no salón de usos  múltiples, para a designación dos integrantes da Xunta Electoral. 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

REUNIÓNS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

3 ANOS  LUNS DÍA 7  ás  12:00 H.

4 ANOS MARTES DÍA 8 ás   10:00H.

5 ANOS  MARTES DÍA 8  ás  12:30 H.

 

As reunións de infantil serán presenciais na sala de usos múltiples.

Prégase acudir ás reunións sen nen@s e un só acompañante por familia. Lembrade a máscara.

 

REUNIÓNS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1º PRIMARIA  MÉRCORES DÍA 9 ás 10:00 (Sala de usos múltiples) 

 

2º PRIMARIA    MÉRCORES DÍA 9 ás 11:00H (Reunión telemática)

 

3º PRIMARIA    MARTES DÍA 8 ás 16:30H (Sala de usos múltiples)    

                    

4º A e 4º B PRIMARIA   LUNS DÍA 7 ás 10:00H (Sala de usos múltiples)

      

5º A PRIMARIA XOVES DÍA 10 ás 11:00H (Reunión telemática)

 

5º B PRIMARIA XOVES DÍA 10 ás 11:00H (Reunión telemática)

 

6º  PRIMARIA    MÉRCORES DÍA 9 ás 12:30H (Reunión telemática)

INICIO DE CURSO 2020-2021 (10 SETEMBRO)

Estimadas familias, ás portas dun novo curso escolar desexamos que todos/as vós atopedes ben de saúde.

Este inicio de curso vai a ser diferente ao que tiñamos acostumado, pero non por iso imos restar forzas para que todo saia ben e coas maiores garantías posibles en relación á prevención e seguridade dos/as nosos/as nenos e nenas.

A partir da vindeira semana iremos empregando as canles de comunicación habituais: 

  1. Páxina web
  2. AbalarMóbil

para comunicar calqueira nova ou información de interese en relación ás titorías, comedor, actividades, etc.

Xa podedes consultar a versión preliminar do PROTOCOLO DE ADPTACIÓN AO CONTEXTO COVID que irá sufrindo actualizacións periódicas en función das necesidades ou requisitos da situación sanitaria. 

 

Preguntas frecuentes:

1. É obrigatorio o uso da mascarilla?

  • Alumnado de educación infantil ----> NON
  • Alumnado de educación primaria ---- SI (o alumnado debe traelas da casa)

2. Como serán as entradas e saídas?

  • Escalonadas e espaciadas en áreas para garantir a separación entre os grupos estables de referencia.
  • Podedes consultar os horarios de entrada e saída no PROTOCOLO.

3. Como se organizan os grupos?

  • En grupos estables de referencia (cada aula forma u grupo que non se relaciona co resto).

4. Existen medidas de seguridade e prevención?

  • En cada aula existe un área localizada con produtos de hixiene e prevención.

5. Haberá actividades extraescolares?

  • Dadas as circunstancias sanitarias NON haberá actividades extraescolares de momento, podendo retomalas se a situación o aconsella e permite.

6. Haberá servizo de comedor?

  • Dende o día 1 ao 4 completaredes as familias interesadas neste servizo un formulario para determinar as posibilidades e organización do servizo.

* Calqueira dúbida enviar un correo a ceip.esteiro@edu.xunta.es e pasará a formar parte deste bloque de preguntas frecuentes para o coñecemento de toda a comunidade educativa e así evitar a duplicidade de consultas (non se enviará resposta ao correo).

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021

O calendario escolar fixado pola Consellería para o curso 2020-2021 é o seguinte

CONCELLO DE FERROL: BECAS DE COMEDOR ESCOLAR E AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN 2020-2021

O Concello de Ferrol publicou as bases para o curso 2020-2021 das:

 BECAS DE COMEDOR ESCOLAR

Convocatoria para a concesión de becas de comedor escolar para o curso 2020-21 do Concello de Ferrol

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a), de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria para a concesión de becas de comedor escolar para o curso 2020-21.

Primeiro.- Beneficiarios. Unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino (públicos e concertados) de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil e primaria e que conten con servizo de comedor.

Segundo: Obxecto. Dar resposta ás necesidades escolares dos menores do Concello de Ferrol cuxas familias manifesten ter dificultades económicas que lles impidan facer frente aos gastos de manutención durante o curso escolar 2020-21

Terceiro.- Bases Reguladoras As axudas rexeranse polas bases específicas publicadas no BOP da Coruña de data 8/06/2020

Cuarto.- Contía O importe da consignación presupostaria ascende a 280.000€ con cargo á partida 04001-3263-48000 distribuídos en dous exercicios presupostarios: 90.000€ no ano 2020 (de setembro a decembro) e 190.000€ no ano 2021 (de xaneiro a xuño).

Quinto.- Criterios de valoración Os criterios de valoración son os establecidos no punto 7 das bases reguladoras. Sexto.- Prazo de presentación de solicitudes O prazo de solicitude será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

IMPRESO DE SOLICITUDE

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN para o curso 2020-2021

 Convocatoria para a concesión de axudas á escolarización para o curso 2020-21 do Concello de Ferrol

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a), de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria para a concesión de axudas á escolarización para o curso 2020-21

Primeiro.- Beneficiarios. Unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino (públicos e concertados) de Ferrol, nos que se impartan estudos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional básica e de grado medio e reúnan os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Segundo: Obxecto. Dar resposta ás necesidades escolares dos menores do Concello de Ferrol cuxas familias manifesten ter dificultades económicas que lles impidan facer frente aos gastos de escolarización no curso escolar 2020-21

Terceiro.- Bases Reguladoras As axudas rexeranse polas bases específicas publicadas no BOP da Coruña de data 8/06/2020

Cuarto.- Contía O importe da consignación presupostaria ascende a 90,000 € con cargo á partida 04001-3263-48000 do presuposto do ano 2020.

Quinto.- Criterios de valoración Os criterios de valoración son os establecidos no punto 7 das bases reguladoras.

Sexto.- Prazo de presentación de solicitudes O prazo de solicitude será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 IMPRESO DE SOLICITUDE

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO e material didáctico impreso para o curso 2020/2021

Para consultar a relación de libros de texto para o curso 2020-2021 clicar aquí

Moi importante: nos cursos de 3º e 4º o Activity Book deberá ser mercado por todo o alumnado, xa que non é reutilizable.

INSTRUCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 INFORMACIÓN EN RELACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DO 3ºTRIMESTRE

 

Recibidas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, este centro concreta os seguintes puntos:

 

1. OBXECTIVO FUNDAMENTAL

O equipo docente do CEIP de Esteiro ten como obxectivo fundamental garantir que todo o alumnado quede incluído no proceso de aprendizaxe durante o estado de alarma, sendo o noso deber e responsabilidade favorecer na medida das nosas posibilidades o desenvolvemento das tarefas en condicións que promovan o benestar emocional tanto do alumnado como das súas familias.

 

2. CONTINUIDADE DO CALENDARIO ESCOLAR

As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 19/20, sempre condicionadas pola situación sanitaria, non se estenderán máis alá do 19 de xuño do 2020.

Durante este tempo os docentes continuaremos coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan ao noso alumnado manterse incorporado á aprendizaxe continua, suscitando o seu interese por aprender, de modo non presencial.

 

3. ACTIVIDADES E TAREFAS

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaranse actividades globalizadoras e interdisciplinares.

A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado.

É recomendable a súa realización para non desvincularse do hábito de estudio e de traballo durante este tempo de confinamento e garantir así unha óptima reincorporación á vida escolar e académica dos nenos e nenas.

Estas actividades estarán colgadas nesta web na sección correspondente á etapa e nivel do/da voso/a fillo/a. 

 

4. CONTIDOS E PROGRAMACIÓN

A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do alumnado.

O centro e o profesorado revisarán os currículos e as programación didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

A programación do vindeiro curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias, adoptándose as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir.

As programacións estarán dispoñibles na páxina web do centro.

 

5. AVALIACIÓN

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

 

6. COMUNICACIÓN DO PROFESORADO COAS FAMILIAS

O profesorado do centro está á vosa disposición e á do alumnado para poder axudar e tentar buscar solucións no desenvolvemento das actividades ou resolver as dúbidas académicas que xurdan.

Os titores e especialistas adoptaron diversas canles de comunicación coas familias dos que xa sodes coñecedores (videoconferencia, teléfono, correo electrónico, etc).

Os profesores/as prestarán especial atención a identificar o alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado de ditos plans específicos á inspección educativa.

 

7. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL FUNXIBLE

Os libros de texto e o material funxible permanecen nas aulas a día de hoxe, e será entregado ás familias cando as circunstancias sanitarias o permitan.
Asimesmo os equipos Edixgal do alumnado de 6º será devolto ao centro educativo nas datas e horas que se vos comunicarán.

 

En Ferrol, 5 de maio de 2020

O Equipo Docente.

 

No vínculo tedes todas as instrucións relativas a este TERCEIRO TRIMESTRE.

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut