Skip to Content

 

   

Biblioteca

LECTURAS POLO 25 DE NOVEMBRO

O Equipo de Biblioteca preparou unha selección de materiais, libros e contos, xogos e deuvedés para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Damos así visibilidade a estes recursos, que estarán a disposición do alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa.

 

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" é obra de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. 

Premendo na imaxe poderedes ler o manifesto así como acceder a diferentes materiais sobre ciencia en galego.  

CONTACONTOS E ENCONTROS LITERARIOS

A Agrupación de Libreiros de Ferrolterra organiza no mes de novembro contacontos e encontros literarios en diversas librerías de Ferrol e Narón. Trátase dunha iniciativa dirixida ao público infantil e xuvenil. Nos carteis veredes os lugares e horarios: 

FEIRA DO LIBRO 2022 - PROGRAMA DO CONCELLO DE FERROL

Os días 22 ao 24 de abril celébrase na Praza da Constitución en Ferrol a Feira do Libro de Galicia.

O programa dos eventos está dispoñible no adxunto. 

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2022 - ETIOPÍA E MÉXICO

Hoxe celebramos o día da interculturalidade.

MÉXICO

ETIOPÍA

8M

Comezamos este 8M reinvindicando dende o centro que na nosa cidade as rúas e prazas adicadas ás mulleres representan un número total de 19.

Dende o colexio identificaremos eses espazos nuns murais (ruieros) situados nos corredores e de cara o futuro nomearemos as aulas con nomes de persoas ilustres femininas.

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA

Este último timestre houbo moita actividade dende a biblioteca; aquí tedes algúns vínculos que atoparedes no blogue da nosa Pescadora de Historias

Xornada de xogos no 1º trimestre: 

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2022/01/xogando-na-biblioteca.html

Libro de experimentos feito polo alumnado polo mes da ciencia: 

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2022/02/libro-de-experimentos-polo-mes-da.html

Información proxecto Lendas: 

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2022/02/proxecto-lendas-de-galicia.html

Día da nena na ciencia:

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2022/02/dia-da-nena-e-da-muller-na-ciencia.html

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa empezamos a preparar o Día das Bibliotecas Escolares cunha serie e lecturas nos distintos grupos.

GUÍA DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA INCLUSIVA

No seguinte enlace hai unha guía de libros relacionados coa inclusión.

GUÍA

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2021: VIETNAM

Este ano a pesar das circunstancias non queriamos deixar pasar a oportunidade de celebrar a nivel de titoría o Día da Interculturalidade.

Agora tócanos ou mellor dito tocoulle a Pepe falar de Vietnam, que nos presenta este vídeo para que saibamos algo máis sobre este país asiático.

Distribuir contido


by Dr. Radut