Skip to Content

Lexislación

Os Plans de Formación do Profesorado sitúanse en máximos con 34.000 docentes participantes e case a totalidade dos centros educativos

Noticias sobre Ensino - Xov, 29/02/2024 - 17:49

Summary: 

O obxectivo desta acción é atender as necesidades formativas e a mellora de competencias docentes, o que redunda nunha mellora da calidade educativa

A Xunta implantou por primeira vez esta liña no curso 2012-13 con preto de 7.000 horas de formación e nunha década multiplicáronse por dez ata as 70.500 horas

As actividades máis demandadas son as que teñen que ver coa competencia dixital, a competencia en educación inclusiva e coeducación e a competencia didáctica

Idioma Gallego

O Consello da Xunta vén de analizar un informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sobre a evolución dos Plans de Formación Permanente do Profesorado en centros na última década, onde se constata un crecemento exponencial tanto no que atinxe a número de actividades como profesorado e centros participantes. Esta é unha iniciativa estratéxica do Goberno galego no eido educativo que ten como principal finalidade garantir a axeitada formación e preparación do profesorado para ofrecer a mellor educación ao alumnado e preparalo para os retos de presente e de futuro.

Non en balde, tras a súa implantación como experiencia piloto o curso 2012-13 e logo dunha década de funcionamento, o curso pasado esta iniciativa acadou máximos de case 34.000 docentes participantes nalgunha das liñas que o conforman fronte aos algo máis de 3.800 do primeiro ano. Isto significa que o pasado curso máis de nove de cada dez docentes galegos se formaron no seu centro a través dun plan deste tipo.

Así mesmo, a cobertura dos plans acada o 95% dos centros educativos, fronte ao 18% adscritos no 2012-13. A evolución tamén é positiva no que atinxe ao número de plans (que pasa de 68 a 1.018 na última década) e no número de actividades formativas (de 342 a 4.075).

Competencia dixital, inclusión e didáctica

Por competencias e liñas formativas desenvolvidas, a competencia dixital sitúase á cabeza concentrando o 39% dos participantes; en segundo lugar a competencia en educación inclusiva e coeducación co 24% de participantes e a competencia didáctica, que acapara o 22% de participantes.

Estas preferencias están aliñadas cos cambios normativos e de currículo, coa importancia dos principios de inclusión e atención á diversidade en todo o sistema educativo así como co aumento e presenza das tecnoloxías da innovación e a comunicación nas aulas, sobre todo derivados dos efectos da pandemia.

Despois séguenlle a competencia en innovación e investigación (10% de participantes) e a competencia comunicativa e lingüística (co 5% de participantes).

Oferta diversificada e adaptada a cada centro

Cómpre lembrar que esta acción naceu como unha vía de formación específica no propio centro educativo, cunha oferta diversificada adaptada ás circunstancias de cada colexio ou instituto e ao seu profesorado. O obxectivo é de fomentar que os centros educativos desenvolvan plans específicos de formación que contribúan á autonomía do profesorado, á mellora da práctica profesional, ao desenvolvemento do traballo en equipo e a impulsar a investigación e a innovación metodolóxica.

A súa finalidade é, por tanto, atender as necesidades formativas e a mellora de competencias docentes, o que redunda nunha mellora das competencias do alumnado e da calidade educativa no seu conxunto.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

O Colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’ , de concienciación sobre a igualdade de xénero

Noticias sobre Ensino - Mér, 28/02/2024 - 19:01

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros.

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse esta mañá ao Colexio CEIP Felipe de Castro de Noia para asistir ás distintas actividades que estes días está levando a cabo este centro no marco do programa Cinema con perspectiva impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa asociación cultural FICBUEU e que ten como obxectivo concienciar aos nenos e mozos sobre a igualdade e a perspectiva de xénero.

O Felipe de Castro é un dos 40 centros participantes na edición deste ano, que abrangue a proxección de curtametraxes con temática de igualdade de xénero, a organización de coloquios para estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes en materia de igualdade presentes nas filmacións e o desenvolvemento de obradoiros educativos para a creación dunha sinxela produción audiovisual.

Cinema con perspectiva está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado pode crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta levará a cabo este verán a substitución da cuberta do IES A Sardiñeira, na Coruña, cun investimento de 414.000 €

Noticias sobre Ensino - Mér, 28/02/2024 - 15:51

Summary: 

O conselleiro Román Rodríguez pon en valor o labor pedagóxico que desenvolve este instituto a través de espazos como a aula tecnolóxica ou o seu xardín botánico

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vai acometer este verán a obra de substitución da cuberta do Instituto IES A Sardiñeira, na Coruña, para o cal destina un orzamento de arredor de 414.000 euros. Así o sinalou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, nunha visita a este centro do barrio dos Mallos no que cursan os seus estudos uns 550 estudantes de ESO, Bacharelato e FP.

Segundo explicou, nestes momentos está na fase de adxudicación o proxecto para a substitución das cubertas co obxectivo de que a obra se execute durante o verán “aproveitando ao máximo o período non lectivo estival”. Esta obra vaise centrar no edificio que pertencía a un antigo colexio e que, posteriormente, se incorporou ao actual instituto.

Durante a visita ao centro, Román Rodríguez tivo ocasión de coñecer de primeira man labor pedagóxico que o profesorado deste instituto co seu equipo directivo á cabeza desenvolve en espazos como o seu xardín botánico ou a aula tecnolóxica. De feito, esta aula, que empregan os alumnos dos ciclos formativos, foi acondicionada grazas a un investimento de 20.500 por parte da Consellería.

Moi activo en programas educativos

O titular do departamento de Educación aproveitou para agradecer o traballo e a implicación do centro nos distintos programas educativos que pon a disposición a Consellería no ámbito dixital, plurilingüe e de convivencia.

Non en balde, o centro conta con Polo Creativo, participa no Club de Ciencias, nos Contratos-Programa, no Plan Proxecta e no plan de reforzo Proa+. Tamén conta con auxiliares de conversa en inglés e en francés; participa activamente nos intercambios escolares de lingua, e destaca no seu dinamismo a prol da convivencia positiva nas aulas a través de grupos de traballo de convivencia e mediación escolar.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta acomete a mellora dos tres centros educativos de Forcarei cun investimento de case 1,2 M€

Noticias sobre Ensino - Mar, 27/02/2024 - 18:12

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións e o delegado de Pontevedra visitan os colexios das Dores e de Soutelo, onde se realizaron obras por uns 800.000 euros

En ambos centros acometeuse a renovación de fachadas, cubertas e fiestras

Román Rodríguez anuncia a licitación dunha actuación no Instituto IES Chano Piñeiro, por un importe de 377.000 euros para mellorar a fachada e a cuberta

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe Forcarei para supervisar o remate das obras levadas a cabo nos colexios CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP Soutelo de Montes, nos que o Goberno galego vén de investir preto de 800.000 euros.

A esta cifra hai que engadir a próxima mellora no Instituto IES Chano Piñeiro por 377.000 euros, o que eleva a case 1,2 M€ os investimentos recentes do Goberno galego nas tres infraestruturas educativas coas que conta este Concello. Como avanzou, a obra do instituto está actualmente en licitación coa previsión de realizarse este ano. En concreto, mellorarase a fachada e a cuberta.

Dado que o Colexio Nosa Señora das Dores e o instituto comparten o mesmo recinto e edificio, a vontade, segundo explicou o conselleiro, “é rehabilitar todo o conxunto dunha forma coherente en materiais e cores”. Así pois, cun orzamento de preto de 377.000 euros e un prazo de execución de catro meses, a Consellería vai instalar unha fachada tipo SATE, con illamento térmico e colocación dunha cuberta de panel de sandwich.

Durante o percorrido polos dous colexios onde xa concluíron as intervencións, Román Rodríguez destacou o compromiso do seu departamento coa mellora do sistema educativo a través de actuacións concretas en infraestruturas para lograr colexios e institutos “máis sostibles, confortables e innovadores”, tal e como establece o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

No caso concreto do Colexio Nosa Señora das Dores, o investimento da Xunta superou os 481.000 euros, que se destinaron á mellora das fachadas e das cubertas coa colocación de illamento térmico no exterior do edificio. Tamén se procedeu á substitución das ventás, instalación de persianas e mellora dos canlóns de baixantes. 

No caso do Colexio de Soutelo de Montes, cun orzamento de preto de 300.000€, tamén se acometeron melloras na fachada coa colocación de illamento térmico e a substitución das fiestras, reparouse a cuberta e os canlóns de baixantes.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez marca a diversidade como un valor que se debe cultivar desde as aulas

Noticias sobre Ensino - Mar, 27/02/2024 - 13:14
Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, amosa o compromiso do seu departamento coa formación do profesorado no ámbito da atención á diversidade como un dos elementos clave para un sistema educativo plenamente inclusivo e de calidade.

Así o manifestou esta mañá na apertura dunha xornada dirixida a profesionais de atención á diversidade co dobre obxectivo de mellorar o seu labor docente e axudar ao seu alumnado a desenvolver todas as súas potencialidades. “Vivimos nun contexto social amplo e plural en canto a culturas, intereses e circunstancias”, explicou o representante da Xunta, quen engadiu que esta diversidade “representa un valor e un enriquecemento” para o conxunto da sociedade que se debe cultivar desde as aulas.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

O colexio Raquel Camacho da Coruña e o CIFP A Carballeira de Ourense gañan o concurso escolar das letras galegas para homenaxear a Luísa Villalta

Noticias sobre Ensino - Mar, 27/02/2024 - 13:10

Summary: 

O certame, promovido pola Consellería de Cultura e Educación premia as mellores exposicións elaboradas polos centros para divulgar a figura da escritora coruñesa

A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica distribuiranse en centros de ensino de Galicia e do exterior, centros de estudos galegos, concellos, bibliotecas e outros lugares de interese

Idioma Gallego

O concurso escolar da Xunta de Galicia para a elaboración da exposición sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, xa ten gañadores: o Colexio CEIP Raquel Camacho, da Coruña, e o Centro Integrado de FP CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.

En concreto, o colexio coruñés alzase co premio na categoría destinada aos centros de Educación Infantil e Primaria pola mostra Tatuada na pétrea pel do mar; mentres que o centro ourensán e a súa exposición Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta Gómez é o gañador na categoría destinada a centros de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial.

Cada centro educativo gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado obterá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

Con esta iniciativa anual, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsa e promove a celebración das Letras Galegas durante todo o curso escolar entre a rapazada.

Distribución das exposicións

Ademais, cada exposición vén acompañada da correspondente guía didáctica, que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época da autora a quen se lle rende homenaxe nestas Letras Galegas.

A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica serán impresas e distribuídas en centros de ensino de Galicia e do exterior, centros de estudos galegos, concellos, bibliotecas e outros lugares de interese. Tamén estará dispoñible no Portal da Lingua Galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta difunde experiencias de éxito entre o alumnado do instituto IES de Viós de Abegondo

Noticias sobre Ensino - Mar, 27/02/2024 - 13:02

Summary: 

Julio Martínez Rumbo, director de proxectos de Bioga, e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais

Idioma Gallego

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judtih Fernández, participaron hoxe no Instituto IES de Viós na primeira xornada dos obradoiros ‘Talento Mozo’ deste curso 2023-2024, dirixidos a alumnado de secundaria de toda Galicia. Á sesión de hoxe asistiu unha trintena de estudantes de 4º de secundaria, que escoitaron as experiencias de Julio Martínez Rumbo, director de proxectos do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional.

A través de ‘Talento Mozo’, a Xunta quere dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xente moza. Ao abeiro desta iniciativa estanse a facer coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia. Así mesmo, nestes coloquios dáse resposta ás dubidas que as mozas e mozos poidan ter á hora de escoller estudos superiores e a súa posterior inserción no mercado de traballo.

Julio Martínez Rumbo, graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña e MBA en dirección de empresas e emprendemento, traballa desde hai seis anos en Bioga desenvolvendo a xestión integral de proxectos do clúster. Pola súa parte, Sara González Iglesias é terapeuta ocupacional e comezou a traballar en ENKI, entidade que impulsa a inserción de persoas con discapacidade.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta convoca 174 contratos de investigadores predoutorais e posdoutorais para o desenvolvemento do seu labor científico en Galicia

Noticias sobre Ensino - Dom, 25/02/2024 - 14:00

Summary: 

O obxectivo destas accións, ás que o Goberno galego destina 30,5M€, é contribuír a afianzar un sistema galego de investigación forte e especializado

Convócanse 102 bolsas predoutorais para contratos de catro anos, dotados con ata 30.000 euros/ano e ata 6.000 € para os tres meses de estadía no estranxeiro

Lánzanse 49 contratos posdoutorais de modalidade única, que pasan a ser de seis anos de duración co fin de facilitar a estabilización dos investigadores

Mantéñense 23 bolsas posdoutorais de continuidade para aqueles que xa iniciaron liñas de investigación propias, co fin de completar a súa formación durante tres anos

As tres accións forman parte do Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia, dotado con 104M€ para 2024

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de dar luz verde a través do Diario Oficial de Galicia á convocatoria de 174 contratos predoutorais e posdoutorais para 2024 co obxectivo de que os investigadores seleccionados desenvolvan o seu labor científico en estruturas de investigación en Galicia. Trátase das convocatorias de axudas á etapa predoutoral, á etapa posdoutoral de modalidade única e posdoutoral de continuidade, ás que o Goberno galego destina preto de 30,5M€.

As tres accións forman parte das oito que conforman o Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), dotado con 104M€ no 2024, co fin de impulsar a investigación en excelencia feita en Galicia e promover que os avances xerados polo persoal investigador se convertan en solucións efectivas aos retos de futuro.

Apoio á etapa predoutoral

Xa está aberta a convocatoria conxunta das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Economía, Industria e Innovación do programa de axudas predoutorais 2024 cunha dotación de case 12M€ para a contratación de 102 investigadores por un período de catro anos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de marzo.

A finalidade deste programa, que se desenvolve desde o ano 2012, é a formación do persoal nas súas etapas iniciais para que, mediante procesos formativos estables, adquiran as habilidades propias do persoal investigador.

Trátase de contratos de catro anos de duración que inclúen estadías de tres meses no estranxeiro. As persoas que resulten seleccionadas recibirán unha contía de 24.000 euros anuais durante os primeiros tres anos. O cuarto ano, recibirán 29.000 ou 30.000 euros en función de se len ou non a tese antes. A maiores, hai que engadir un complemento de estadía no estranxeiro que pode acadar os 6.000 euros de máximo, xa que varía en función da zona de destino. Ademais, amplíase a dotación orzamentaria desta convocatoria, subvencionando aos gastos asociados á realización do programa de doutoramento.

Apoio formación posdoutoral

A Xunta, a través do DOG, tamén vén de lanzar a convocatoria de axudas á etapa posdoutoral, dotada con case 15M€ (o dobre da contía actual) para 49 contratos, e cun novo enfoque estrutural enfocado á impulsar unha maior estabilización do persoal investigador. O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 19 de marzo.

Ata o de agora a etapa posdoutoral estaba estruturada en dúas convocatorias (unha de formación inicial de tres anos e outra de continuidade de dous anos) e agora, o persoal investigador que inicie a etapa posdoutoral en 2024 accederá a unha convocatoria única de seis anos de duración divida en dúas fases de tres anos cada unha cunha avaliación intermedia para pasar dunha fase á outra.

Durante os primeiros tres anos do contrato, os beneficiarios recibirán unha bolsa de 32.000 euros/ano en concepto de salario e custos sociais. A maiores, recibirán un complemento por cada mes de estadía no estranxeiro segundo a zona de destino e se teñen a condición de bolseiro Fulbright. Durante a segunda fase da estadía, os beneficiarios recibirán 49.000 euros ao ano durante todo o período, dos cales 38.000 euros son en concepto de salario e custos sociais e o resto son complementos para o establecemento dunha liña propia de investigación.

A convocatoria, inclúe, ademais, un compromiso por parte das universidades que acollan contratados ao abeiro da mesma de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanente vinculados a necesidades docentes ou investigadoras.

Axudas posdoutorais de continuidade

Así mesmo permanece aberta ata o día 1 de marzo a convocatoria de axudas posdoutorais de continuidade. Trátase de 23 bolsas (20 para as universidades públicas do Sistema Universitario Galego e tres no resto de entidades beneficiarias), por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas. Estes contratos posdoutorais de continuidade terán unha duración de tres anos e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia para que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria no sistema de I+D+i galego.

Están dirixidos ao persoal ao servizo das universidades públicas galegas, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria e os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para completar a etapa de formación posdoutoral.

As axudas nesta modalidade destinarase a pagamento dos contratos, custos sociais, axuda para a creación dunha liña de investigación propia e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Entre os gastos considerados elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, están a compra de pequeno equipamento inventariable e material funxible ou material bibliográfico, a contratación de persoal investigador ou auxiliar ou os gastos derivados do uso de ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outros.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez avoga por seguir apostando pola educación “como un medio para mellorar a nosa sociedade”

Noticias sobre Ensino - Ven, 23/02/2024 - 16:29

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro ‘A educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir’, coordinador polo profesor da USC Alexandre Sotelino

A obra, en cuxa elaboración participaron máis de 60 profesionais, afonda na dimensión social da educación e a súa influencia presente e futura na Comunidade

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, gaba o “importante papel” que xoga a educación na dinamización e a cohesión social ao servizo da transformación democrática e dunha sociedade máis igualitaria.

Así o puxo de manifesto esta mañá con motivo da presentación do libro A educación en Galicia en perspectiva: Alicerces para o porvir, elaborado coa participación de máis de 60 profesionais docentes baixo a coordinación do profesor da Universidade de Santiago Alexandre Sotelino, recoñecido do eido da investigación educativa e que foi galardoado co premio Educa ao mellor docente universitario de España no curso 2021-22. 

A obra aborda a dimensión social da educación na Galicia actual e de futuro a través dunha cronoloxía dos distintos niveis formativos que compoñen o sistema educativo galego, desde a etapa de Primaria ata a universidade. Nela analízase a inserción da educación na súa realidade territorial a través de aspectos como a pedagoxía medioambiental, o emprego das novas tecnoloxías ou a atención á diversidade e ás novas necesidades educativas.

Neste senso, o conselleiro de Educación gabou a importancia desta publicación na medida en que contribúe a “entender mellor de onde vimos e cara onde nos encamiñamos para acadar os mellores resultados posibles”. Así pois, Román Rodríguez avoga por seguir apostando pola educación “como un medio para mellorar a nosa sociedade e como elemento diferenciador do noso potencial”.

No acto de presentación, que tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia, tamén participaron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices, e o coordinador Alexandre Sotelino. Asistiron, ademais, os autores participantes na obra, distintos representantes da Administración Autonómica, das universidades, das organizacións sindicais, de entidades e colexios profesionais, de revistas e publicacións do sector e de federacións e asociacións de anpas, entre outros.  

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta amosa á presidenta da Fundación Eduardo Barreiros o potencial do Centro Galego de Innovación da FP e os proxectos que desenvolve

Noticias sobre Ensino - Ven, 23/02/2024 - 16:25

Summary: 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompaña a Mari Luz Barreiros nunha visita institucional ao centro que leva o nome do lendario emprendedor ourensán

O Goberno galego e a entidade estudan a colaboración futura en proxectos de innovación industrial

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañou esta mañá á presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, Mari Luz Barreiros, nunha visita institucional ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, para coñecer de primeira man os proxectos de innovación que se están desenvolvendo neste centro que leva o nome de seu pai, o lendario emprendedor ourensán Eduardo Barreiros.

Así mesmo, a visita serviu para estreitar lazos entre o Goberno galego e a Fundación Eduardo Barreiros, que analizan a colaboración conxunta futura en proxectos de innovación industrial.

Desde a Xunta de Galicia amosóuselle a Mari Luz Barreiros os diferentes proxectos e iniciativas que se están a desenvolver nas catro áreas do Eduardo Barreiros: Innovación Aplicada, Emprendemento Industrial, Formación de Alta Especialización e Comunicación Estratéxica e Internacionalización.

En concreto, están en marcha neste espazos proxectos arredor da economía circular do ciclo da auga, da enogastronomía, do fornecemento do vehículo eléctrico, de fomento de robots de utilidade medioambiental e de realidade estendida aplicada á FP. Tamén de metodoloxías innovadoras e áxiles para a aprendizaxe do inglés ou de deseño e fabricación de vestiario e novos materiais para mellorar as condicións de confortabilidade no mundo das artes do mar e técnicas de marisqueo, dando protagonismo á muller.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

As probas diagnósticas de 4º de Primaria e 2º de ESO fixadas polo Ministerio de Educación a través da LOMLOE serán o 10 e 11 de abril

Noticias sobre Ensino - Ven, 23/02/2024 - 12:00

Summary: 

Seguindo o establecido na actual lei educativa estatal, as avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan estas ensinanzas

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada

Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico que atinxen a 4º de Educación Primaria e 2º de Secundaria, tal e como obriga o Ministerio de Educación a través da actual lei educativa estatal LOMLOE.

Así pois, a través destas instrucións, a data para as probas diagnósticas serán os vindeiros días 10 e 11 de abril, despois das vacacións de Semana Santa. Tal e como marca a LOMLOE, as avaliacións teñen carácter censal, polo que se aplicarán en todos os centros educativos que impartan estas ensinanzas.

Canto a contidos, en ambos casos avaliaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira (que pode ser alemán, francés, inglés ou portugués, en función da lingua de escolla en cada centro).

As probas estarán constituídas por cadernos para cada unha das competencias a avaliar e os contidos das mesmas versarán sobre os obxectivos de área e de materia recollidos nos currículos destas asignaturas para cada un dos cursos. Como adoita ser habitual, con carácter xeral, as probas serán aplicadas e corrixidas por profesorado do centro que non imparta docencia ao alumnado avaliado.

Informe de resultados por centro

No que atinxe aos resultados, seguindo o establecido na normativa, terán un carácter informativo, formativo e orientador para os centros, que recibirán un informe de resultados sobre o conxunto do seu alumnado por nivel e por competencia avaliada. Polo tanto, a información obtida destas probas ten unha finalidade estritamente diagnóstica, xa que os datos obtidos proporcionan unha información complementaria tanto aos centros como á Administración para deseñar accións específicas de mellora do sistema educativo.

Con esta resolución, a Administración autonómica dá cumprimento á aplicación, unha vez máis, da normativa vixente nesta materia, a nivel estatal.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta reivindica o papel esencial dos docentes na consolidación dun ensino galego integrador e de calidade

Noticias sobre Ensino - Xov, 22/02/2024 - 20:44

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na apertura do 7º Congreso Mundial de Educación Educa 2024, que se celebra na Coruña

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia subliña o papel fundamental dos docentes como unha das claves esenciais para a consolidación dun sistema educativo integrador e de calidade, onde prime a igualdade de oportunidades, a convivencia e a atención á diversidade.

Así o salientou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, con motivo da súa intervención no acto de apertura do 7º Congreso Mundial de Educación Educa 2024, que reúne na Coruña a expertos das distintas ramas educativas como docentes, pedagogos, orientadores ou membros de equipos directivos chegados de distintos puntos de Galicia, España e doutros países.

Na súa intervención, a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do Goberno galego puxo en valor “a enorme implicación e o traballo diario” do conxunto dos profesionais que conforman a comunidade educativa, cun contacto directo co alumnado que se traduce “non só en aspectos relacionados coa adquisición de coñecementos didácticos e competenciais, senón tamén co seu desenvolvemento social, emocional e persoal”.

O evento, organizado por Educa e a Universidade da Coruña, está configurado como un foro de intercambio de coñecementos didácticos entre profesorado e profesionais da educación que desde hoxe ata o sábado abordarán todas as etapas educativas. Ao longo destes tres días, sucederanse dez conferencias plenarias impartidas por recoñecidos profesionais da educación, dous foros de expertos e a presentación dun cento de traballos de investigación e experiencias didácticas. O congreso concluirá o sábado coa gala de entrega dos Premios Educa Abanca ao mellor docente de España. 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A directora xeral de FP destaca o campionato de baristas de Foz como un escaparate da calidade das ensinanzas de hostalaría en Galicia

Noticias sobre Ensino - Xov, 22/02/2024 - 18:46

Summary: 

Eugenia Pérez participa na entrega de premios da XVI edición deste certame internacional que reúne a alumnos de oito comunidades autónomas

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou este mediodía na entrega de premios do XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría que organiza o instituto IES de Foz, onde destacou a importancia deste tipo de certames “como escaparate onde se visibiliza a calidade destas ensinanzas no noso sistema educativo, cunha formación especializada que abre as portas ao mundo laboral”.

Así mesmo, a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subliñou que a FP de Hostalaría é un referente a nivel nacional. Non en balde, neste certame participan un total de 18 alumnos de oito comunidades autónomas: Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Á par do certame de Baristas, que arrancou o mércores, tamén se celebra o XI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría, polo que a directora xeral de FP aproveitou para tamén poñer en valor a importancia deste eido “como un plus de calidade neste tipo de servizos”. Así mesmo, Eugenia Pérez felicitou á comunidade educativa do IES de Foz pola organización ano a ano desta cita consolidada, e a todos os premiados polas destrezas e profesionalidade amosadas.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e coa participación ao completo dos oito centros que conforman a Rede Galega de FP de Hostalaría. Xunto cos mencionados certames internacionais de Baristas e de Cata de cafés, no centro focense tamén se desenvolve o X Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta celebra o Día da Lingua Materna cunha xornada que reúne preto de 600 participantes do programa escolar ‘21 días co galego e +’

Noticias sobre Ensino - Mér, 21/02/2024 - 15:04

Summary: 

Román Rodríguez acompaña neste encontro o profesorado e alumnado dos 10 centros participantes da VI edición desta iniciativa de dinamización lingüística

O conselleiro en funcións destaca que o mellor xeito de manter viva a lingua “é empregándoa desde as primeiras etapas educativas”

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia conmemorou hoxe o Día Internacional da Lingua Materna coa celebración do II Encontro 21 días co galego e +, unha xuntanza lúdica e didáctica que reuniu no Monte Gaiás preto de 600 participantes da VI edición do programa de dinamización lingüística homónimo para intercambiar experiencias, música e xogos ao longo da xornada.

Durante o acto, presentado polo músico Pakolas, o titular en funcións da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, aproveitou para agradecerlles a todas as persoas participantes desta edición do 21 día co galego e + “o éxito desta iniciativa coa que, entrega tras entrega, queremos seguir axudando a que a nosa lingua sexa un elemento máis do día a día da rapazada para que esta leve o galego o máis lonxe posible”. “De aí a importancia dunha efeméride como a que conmemoramos hoxe”, declarou.

Ademais, o representante autonómico en funcións, salientou que o mellor xeito de manter viva a lingua xeración tras xeración “é empregándoa desde a infancia, e o sistema educativo garante que os cativos teñan destrezas e competencias nas dúas linguas, que debemos usar en absoluta liberdade”. Román Rodríguez tamén aproveitou para recordar que Galicia é a Comunidade Autónoma de España “na que temos un maior coñecemento da nosa lingua propia”.

Encontro arredor da lingua galega

Ao longo da xornada, na que tamén participou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o alumnado, o profesorado e os coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega pertencentes aos 10 centros escolares participantes nesta edición gozaron da música, bailes, monicreques, xogos tradicionais e contos que eles mesmos prepararon para o encontro.

Neste curso 2023/2024, que tivo como principal novidade a incorporación dos centros de Educación Infantil como participantes, o programa desenvolveuse nos colexios CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo), CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela) e CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), na provincia da Coruña; no CEIP Plurilingüe de Nadela e CEIP Frei Luís de Granada (Sarria), en Lugo; no CEIP O Couto (Ourense) e CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras), en Ourense e no CEP Campolongo (Pontevedra), CEIP Plurilingüe García Barbón (Vigo) e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo), na provincia de Pontevedra.

Número 37 na listaxe de linguas máis faladas

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1999 e celébrase anualmente cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. Este 2024, baixo o lema Educación multilingüe: un piar da aprendizaxe interxeracional, esta efeméride pretende visibilizar o feito de que a educación na lingua materna apoia a aprendizaxe, a alfabetización e a adquisición de idiomas adicionais.

A Xunta de Galicia conmemora esta data desde o ano 2010, contextualizándoa na nosa Comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega. Na actualidade, o galego ocupa o número 37 na listaxe de linguas máis faladas do mundo, no que existen máis de 6.000 idiomas diferentes. Ademais, a lingua galega está máis estendida e conta con máis recursos ca nunca na súa historia grazas á súa adaptación á realidade social e tecnolóxica do momento, algo no que o Goberno galego traballa impulsando iniciativas como o Proxecto Nós, que introduce de cheo a lingua propia de Galicia no mundo dixital e na Intelixencia Artificial.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez amosa o compromiso da Xunta coas ensinanzas deportivas como unha opción académica e profesional de calidade

Noticias sobre Ensino - Mér, 21/02/2024 - 11:38

Summary: 

O conselleiro en funcións de Educación visita o alumnado do ciclo de fútbol e balonmán do Instituto Sánchez Cantón que completa a súa formación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra

Idioma Gallego

O conselleiro en funcións de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, amosa o compromiso da Xunta co impulso das ensinanzas deportivas en Galicia “como unha opción académica e de saída profesional de calidade”.

Así o manifestou esta mañá no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra durante unha visita ao alumnado que cursa o ciclo de Ensinanzas técnicas deportivas de fútbol e balonmán, que realizan os seus estudos no Instituto IES Sánchez Cantón e nas instalacións deste centro de alto rendemento.

Precisamente o Sánchez Cantón é un dos institutos de referencia no eido deportivo coa oferta da titulación oficial de grao medio e de grao superior de Técnico Deportivo en Fútbol e Balonmán, que actualmente estudan 101 alumnos.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta ofertará un total de 141 accións formativas para persoas desempregadas en 48 concellos a través de institutos e centros de FP

Noticias sobre Ensino - Ven, 16/02/2024 - 18:48

Summary: 

O investimento total nesta formación específica ascende a 5,83M€

Tamén se autoriza aos centros educativos dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a impartir varios módulos formativos de ciclos de FP

Román Rodríguez e Elena Rivo subliñan a importancia de implementar unha formación de calidade adecuada ás demandas socio-económicas

Idioma Gallego

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asinaron hoxe no Centro Galego de Innovación da FP, Eduardo Barreiros, en Ourense, un acordo para a coordinación das accións formativas para persoas desempregadas que se imparten en centros de FP.

Ao abeiro de dito acordo, entre o presente curso 2023-24 e o vindeiro 2024-25 impartiranse un total de 141 accións formativas deste tipo en 48 concellos de toda Galicia, cun investimento que acada os 5,83M€. Cada acción está constituída polo contido das especialidades formativas para obter certificados de profesionalidade. Ademais, en todas elas impartirase o módulo transversal de Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero e o curso básico de prevención de riscos laborais.

O obxecto destas accións formativas nas que teñen preferencia as persoas desempregadas enmárcase no impulso da cualificación profesional ao longo da vida ao tempo que se dá unha resposta axeitada ás necesidades e ás demandas do tecido produtivo.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou “o importante papel” que xogan neste eido as ensinanzas de FP, xa que a través delas “as persoas acadan un futuro de éxito laboral e persoal e as empresas contan con profesionais altamente cualificados e con coñecementos axustados ás súas demandas”.

Tamén puxo en valor o traballo que se está a desenvolver desde o Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense, un espazo de innovación aplicada e de cooperación con distintos sectores produtivos de Galicia no que, grazas á implicación empresarial, xa están en marcha distintos proxectos vinculados cos eidos da enerxía, forestal, téxtil, auga, enerxía, medioambiente ou social, entre outros.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, pola súa banda, destacou o compromiso transversal que a Xunta de Galicia está a realizar para coordinar a oferta de Formación Profesional e adecuala ás necesidades do tecido produtivo, do que  é exemplo o acordo hoxe asinado.

Rivo destacou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a centrar a súa acción de goberno na busca de máis traballo e de maior calidade. En 2024, este departamento está a destinar máis de 117 millóns de euros ao Plan Galego de formación para o emprego 2024 con accións destinadas a traballadores ocupados ou non. 

A conselleira lembrou que Galicia é referente por apostar polo novo modelo de formación para o emprego e os certificados de profesionalidade da man dos clústeres e entidades representativas de sectores estratéxicos. Tamén por implantar as microcredenciais, un modelo innovador que espertou o interese en Bruxelas, e que ofrece solucións de formación a sectores en continuo cambio, para apoiar aos traballadores no desempeño das súas funcións ou durante transicións profesionais.

Novidades da oferta

Na oferta formativa deste ano están representadas 20 das 26 familias profesionais actualmente existentes con 20 accións formativas novas que non se ofertaron no ano anterior en algún dos centros 73 autorizados, cinco máis que o ano 2023.

Ademais, como novidade, inclúense dez accións formativas que serán impartidas por primeira vez en Galicia no marco deste convenio, en concreto os cursos de Instalación de elementos de carpintaría no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais no CIFP Porta da Auga (Ribadeo) e no IES Francisco Asorey (Cambados), Acondicionamento físico na sala de adestramento polivalente no CIFP A Farixa (Ourense), Actividades de xestión administrativa no CIFP Portovello (Ourense), Manexo e mantemento de maquinaria agraria no CIFP A Granxa (Ponteareas), Operacións básicas de pisos en aloxamentos e Pastelaría e confeitaría no CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Actividades auxiliares de almacén no IES Ribeira do Louro (O Porriño) e Montaxe e posprodución de audiovisuais no CIFP Audiovisual de Vigo (Vigo).

Ensinanzas de FP

A través do acordo asinado hoxe tamén se autoriza aos centros educativos dependentes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a impartir varios módulos de ciclos de FP. Así, o CIFP Santiago inclúe na súa oferta parte do ciclo superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, e o de Coia (Vigo), dos ciclos superiores en Mecatrónica industrial e en Automatización e Robótica Industrial e do ciclo medio en Mantemento electromecánico. Pola súa banda, o CIFP Santa María de Europa (Ourense) oferta módulos do ciclo medio en Carpintería e moble.

Ademais, autorízase a impartición na Escola de FP Marítimo- Pesqueira de Bueu de módulos profesionais específicos correspondentes á FP Básica en Actividades marítimo pesqueiras.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A directora xeral de FP visita o Centro Integrado de FP Ánxel Casal-Monte Alto, que vén de reforzar a súa dotación tecnolóxica no eido da formación sanitaria

Noticias sobre Ensino - Ven, 16/02/2024 - 18:46

Summary: 

A súa inclusión na Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional supón un impulso da innovación e a investigación aplicada ao servizo do alumnado

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Centro Integrado de FP CIFP Ánxel Casal-Monte Alto para comprobar de primeira man o resultado das reformas e reorganización de espazos acometidos logo de que fora seleccionado para formar parte da Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou que o Ánxel Casal-Monte Alto, que forma cada ano a máis de 2.000 alumnos, é un referente no eido sanitario, cunha ampla oferta que inclúe ciclos formativos e cursos de especialización das familias de Sanidade, Servizos á Comunidade, Seguridade e medioambiente e Química.

A súa inclusión na Rede Estatal de Excelencia supón unha dotación extra de 850.000€ para desenvolver proxectos de innovación e investigación aplicada ligada a á realidade virtual en campos como Radioterapia, impresión 3D no campo Protésico ou investigación en cultivos celulares e reprodución asistida entre outros.

Ademais, tamén foi seleccionado para participar na convocatoria de Espazos de Tecnoloxía Aplicada da Xunta, o que lle permitiu transformar unha aula tradicional nunha tecnolóxica que conta cos últimos avances á disposición do alumnado que cursa o ciclo de Servizos socioculturais e á comunidade. Precisamente, na súa visita, Eugenia Pérez puido coñecer o Espazo Edulab: aprendizaxe 4.0 habilitado na aula de Educación Infantil, que incorpora os últimos avances tecnolóxicos para que ao alumnos de dito ciclo completen a súa formación.

Así mesmo, visitou as aulas de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, que foron dotadas cun escáner de uso profesional que permite a dixitalización de mostras para pasalas a datos de alta resolución que permiten o traballo en rede; a aula de Farmacia e Parafarmacia, na que se está desenvolvendo un proxecto que recrea as diferentes fases da elaboración de formas farmacéuticas que abrangue a formulación maxistral, fabricación tecnolóxica, área de calidade e envasado e zona de atención e dispensación farmacéutica, e o viveiro de empresas.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta aproba o Retorna Talento FP para o vindeiro curso, con axudas de entre 6.500 e 10.800€ para o regreso de 108 rapaces galegos do exterior

Noticias sobre Ensino - Xov, 15/02/2024 - 18:10

Summary: 

A modalidade A inclúe 48 prazas para estudar programas vencellados á FP Básica, con bolsas de 6.500€

A modalidade B conta con 60 prazas para cursar ciclos de FP Dual con axudas de 10.800€, podendo facer unha parte da formación a distancia

O orzamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para esta convocatoria, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna, é de case 1M€

Idioma Gallego

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á convocatoria do programa Retorna Talento FP para o curso 2024/25. O obxectivo é que 108 rapaces galegos do exterior poidan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe, co apoio de axudas de entre 6.500 e 10.800€.

O orzamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para esta convocatoria, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna, é de case 1M€. Neste curso 2023/24 son un total de 34 os rapaces que están a cursar estudos de FP ao abeiro deste programa nos centros integrados de FP Someso (A Coruña), Universidade Laboral (Culleredo), Ferrolterra (Ferrol), Vilamarín (Vilamarín) e no Instituto IES Chapela (Redondela).

Formación básica

A convocatoria divídese en dúas categorías, en función do tipo de estudos que se ofertan. Así, a modalidade A contempla 48 bolsas para estudar programas específicos básicos de FP durante o curso 2024/25. Neste caso a bolsa é de 6.500€ por alumno e a relación de programas formativos ofertados, a razón de 16 prazas cada un, é a seguinte:

 

Concello

Centro

Programa formativo de formación específica básica

A Coruña

CIFP Someso

Albanelaría e fontanería

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios

 

60 prazas na FP Dual

No caso da modalidade B, inclúe un total de 60 prazas para cursar cinco ciclos de Formación Profesional Dual nos cursos 2024/25 e 2025/26, cunha bolsa de 10.800€ por estudante. Neste caso, durante o primeiro curso poderán realizar unha parte da formación a distancia, pero a formación práctica nas empresas será sempre presencial, ao igual que todo o segundo curso.
 

Os ciclos ofertados, con 12 prazas cada un, son os reflectidos na seguinte táboa:

Concello

Centro

Ciclo de FP Dual

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Ciclo superior de Deseño e amoblamento

A Coruña

CIFP Someso

Ciclo superior de Proxectos de edificación

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos

Redondela

IES de Chapela

Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia

 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asinará convenios con empresas de referencia das zonas de influencia de cada un dos centros educativos para o período de formación en centros de traballo deste alumnado.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta licita por máis de 1,1 M€ a terceira fase da rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel de Pontevedra

Noticias sobre Ensino - Xov, 15/02/2024 - 12:30

Summary: 

Cúmprense así os prazos previstos e, para axilizar os trámites, solicitouse xa ao Concello de Pontevedra a licenza de obra

O xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, César Pérez, desprázase ao centro para informar a comunidade educativa da licitación

O proxecto inclúe a renovación de case 1.500m² de cubertas, a mellora do illamento térmico e a instalación de novos falsos teitos, luminarias, alicatado e portas

A maiores, renóvanse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia acaba de licitar a terceira fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Froebel, cumprindo os prazos previstos e unha vez completados todos os trámites administrativos. O orzamento de licitación ascende a 1.170.948,58€ e o prazo de execución das obras é de seis meses. Para axilizar os trámites e a obra, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades remitiu xa ao Concello de Pontevedra o proxecto básico e de execución para que se tramite e conceda a licenza de obras no prazo máis breve posible.

Con motivo desta licitación, o xefe territorial da consellería de Cultura, Educación FP e Universidades na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, desprázase hoxe ao centro para informar á comunidade educativa sobre a licitación e os detalles do proxecto, que xa foran avanzados polo conselleiro, Román Rodríguez, ao director do centro nunha xuntanza mantida o pasado mes de decembro.

Melloras en cubertas e aulario

O programa de necesidades inclúe tanto as necesidades iniciais detectadas pola Unidade Técnica como melloras suxeridas polo propio centro e ocúpase da parte do colexio que aínda non foi reformado, que se corresponde coa parte do volume central que dá á rúa Xeral Martitegui, incluíndo as aulas de Primaria e a zona cuberta do patio central, así como o distribuidor que rodea todo o patio central.

Deste xeito, o proxecto contempla a renovación das cubertas que aínda non foron mudadas, cunha superficie total de case 1.500m², unha actuación que se completará co reforzo estrutural das cerchas e a renovación dos correspondentes canlóns e baixantes. Incorporarase, ademais, illamento térmico nas novas cubertas, de xeito que se reduzan as perdas de calor e colocarase un pararraios.

Así mesmo, colocarase trasdosado de xeso interiores en fachadas exteriores para incrementar o illamento térmico e melloraranse os acabados interiores, co cambio de falsos teitos, alicatados, luminarias e portas, tanto en zonas comúns como en aulas. No que atinxe aos aseos, acometerase a remodelación dos situados na torre central.

A maiores, renovaranse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións de educación con 1.743 prazas ata o 6 de marzo

Noticias sobre Ensino - Mér, 14/02/2024 - 12:30

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes, que deberá facerse por medios electrónicos, está aberto desde mañá, 15 de febreiro

As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas

Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse nas bases da convocatoria

Idioma Gallego

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.

A convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. Así mesmo, deberá procederse ao pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude. O prazo está aberto ata o 6 de marzo. 

Como é habitual, o persoal interino e substituto, que presta servizos no ensino público galego, deberá participar no procedemento selectivo, sempre que se convoquen prazas da súa especialidade, para manter os seus dereitos nas listas.

As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas e que se publicarán no Portal Educativo. Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse na convocatoria.

Estabilidade e carreira docente

O obxectivo é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes. Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas. 

A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

A distribución das prazas por especialidades é a reflectida nas seguintes táboas:

Corpo de mestres

520 prazas, oito especialidades

Especialidades

Prazas

Educación Infantil

50

Lingua Estranxeira: Inglés

65

Lingua Estranxeira: Francés

50

Educación Física

40

Música

20

Pedagoxía Terapéutica

110

Audición e Linguaxe

80

Educación Primaria

105

Corpo de profesores de ensino secundario

875 prazas, 34 especialidades

Especialidades

Prazas

Filosofía

24

Latín

10

Lingua Castelá e Literatura

36

Xeografía e Historia

29

Matemáticas

24

Física e Química

20

Bioloxía e Xeoloxía

10

Debuxo

15

Francés

10

Inglés

80

 Música

10

Educación Física

46

Orientación Educativa

21

Tecnoloxía

60

Lingua Galega e Literatura

80

Economía

22

Administracións de Empresas

15

Formación e Orientación Laboral

20

Informática

50

Intervención sociocomunitaria

22

Organización e Xestión Comercial

17

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

19

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

20

Procesos de produción agraria

11

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

16

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

10

Instalacións electrotécnicas

18

Operacións e equipamentos de produción agraria

10

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

13

Procedementos sanitarios e asistenciais

18

Procesos comerciais

11

Procesos de xestión administrativa

25

Sistemas e aplicacións informáticas

65

Equipos electrónicos

18

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

84 prazas en cinco especialidades

Especialidades

Prazas

Cociña e pastelería

10

Fabricación e instalación de carpintería e moble

11

Mantemento de vehículos

25

Mecanizado e mantemento de máquinas

28

Soldadura

10

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

33 prazas en tres especialidades

Especialidades

Prazas

Francés

9

Galego

7

Inglés

13

Portugués

4

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade

Prazas

Inspección Educativa

11

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

220 prazas en 34 especialidades

Especialidades

Prazas

Filosofía

6

Latín

2

Lingua Castelá e Literatura

9

Xeografía e Historia

7

Matemáticas

6

Física e Química

5

Bioloxía e Xeoloxía

2

Debuxo

4

Francés

2

Inglés

20

Música

2

Educación Física

12

Orientación Educativa

5

Tecnoloxía

15

Lingua Galega e Literatura

20

Economía

6

Administracións de Empresas

4

Formación e Orientación Laboral

5

Informática

13

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación
Distribuir contido


by Dr. Radut