Taboleiro

Despedida da compañeira Maribel

Este venres de Entroido, Maribel a "profe de inglés" dou por finalizada a súa carreira profesional. En nome de toda a comunidade educativa desexámoslle que disfrute moito desta nova etapa na súa vida. Grazas Maribel!!

Espinacas; plantar, recoller e comer

A finais do mes de setembro o alumnado de 4ºC plantamos espinacas na horta ecolóxica do colexio. Primeiro plantámolas, logo regámolas e despois quitamos as malas herbas. Pasaron meses e foron medrando, e agora que chegou febreiro aproveitamos un día de sol e saímos a recollela. Cada un de nós levamos unhas pouquiñas para casa. E fixemos pizza, ensalada, sopa, caldo, tortilla,...Que ricas!!! . (O alumnado de 4ºC)

Obras da pista terminadas

O luns 27 de xaneiro retiraron o valado de seguridade e xa puidemos estrear o pavimento da pista polideportiva cuberta, e polo tanto voltamos á normalidade en canto a entradas, saídas, recreos, etc. Agardamos un resultado satisfactorio desta nova superficie, aínda que xa temos detectado algunha irregularidade que provoca charcos que antes non existían. De todos os xeitos mantemos unha información fluida co Concello, a través do Servizo Municipal de Educación, e xa teñen coñecemento, como responsables da obra, de todo o relacionado coa mesma.

Inicio da actividade de REFORZA-T

O luns 20 de xaneiro comezan as clases desta actividade, antes chamada PROA, promovida pola Consellería de Educación e que desenvolverase polas tardes ata o remate do curso, . Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 4º, 5º e 6ºEP. Os participantes son elixidos polos titores-as e o orientador do centro, agrupados polo nivel no que están escolarizados. Ao cargo destes grupos polas tardes estará unha mestra nomeada pola Administracción, Iría Mayo, que manterá unha coordinación fluida cos titores-as deste alumnado participante para acadar unha mellora tanto nos resultados académicos como nas dinámicas de traballo. Como coordinador deste proxecto estará Luis Seijas, orientador do Colexio.

Horarios dos grupos:

4ºEP: Mércores e venres de 16 a 18 h

5ºEP: Martes de 16 a 18.30 h e Xoves de 16 a 17.30h.

6ºEP: Luns de 16 a 18.30 h e Xoves de 17.30 a 19 h.

 

 

Segundo trimestre

Comezamos este trimestre con algunhas novidades. Nos vindeiros días inauguraremos un novo espazo da biblioteca situado na entrada do colexio, no que intentaremos crear un lugar de lectura orientado a novidades e a conmemoracións e temáticas diferentes.

Tamén agardamos que antes do 15 de xaneiro esté rematada a obra da pista polideportiva, e así volver a unha organización de actividades e recreos normalizada.

As saídas confirmadas deste segundo trimestre xa se poden consultar na web como no taboleiro.

Por último informamos de que o novo inspector asignado ao noso colexio é D. Elisardo López Varela.

Festival de Nadal 2019

Pasámolo moi ben este venres 20 de decembro coas diferentes actuacións de todo o alumnado do colexio. Queremos deixarvos unha mostra para que a disfrutedes coa familia e amigos. Trátase dunha lista de reproducción. Podedes acceder aos diferentes vídeos facendo clic na parte superior dereita do vídeo.

Bo Nadal e Feliz Ano 2020!!

Entrega de alimentos á Cociña Económica

O alumnado voluntario de 6ºA, en representación da comunidade educativa deste centro, entregou todos os produtos recollidos durante a campaña en favor da Cociña Económica. Queremos agradecervos a vosa solidaridade e compromiso de formación en valores para o alumnado do colexio. Moitas gracias!!

Sensibilización na semana das persoas con discapacidade

Nesta ocasión, e gracias a COGAMI, o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6ºEP disfrutou dunha amena sesión de toma de conciencia das dificultades diarias ás que se enfrontan as persoas con discapacidade.

Formación en primeiros auxilios

Os luns 16 de setembro e 7 de outubro todo o profesorado recibimos formación relacionada coa atención ao alumnado que poidese padecer calquera risco de saúde. Contamos coa colaboración de Irene, enfermera residente, como formadora neste ámbito crucial da primeira atención ao alumnado cando padezca situacións de risco para a saúde. Alerxias, intolerancias, diabetes, epilepsia, golpes, feridas, paradas cardiorespiratorias, etc, conformaron os contidos desta intensa e interesantísima formación.

Powered by Drupal - Design by artinet