Ed. física

Os de 5º facendo o Camiño

O luns 22 de maio foi a data elixida neste curso para realizar esta 12ª edición da actividade Ecolares no Camiño. Nesta ocasión Turismo de Melide quiso deixar constancia da nosa visita no seu espazo web.

Almorzos con beizos brancos

É o nome da campaña que desenvolve a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias coa axuda da Obra Social La Caixa, e na que participamos co alumnado de 5ºEP, para continuar o traballo de aprendizaxe e concienciación do alumnado no ámbito das actividades e hábitos de vida saudables. Neste caso, o almorzo saúdable e con produtos da terra, foi o eixe da actividade. Despois dunha charla cunha nutricionista o alumnado puido degustar unha merenda-almorzo a base de leite, cacao, mel, pan, aceite de oliva e mandarinas.

Charlas saudables

A Asociación Española de loita contra o cancro colaborou con nós, impartindo unhas charlas para todo o alumnado de 5º e 6º de primaria, promocionando os hábitos de vida saudables, especialmente a actividade física e a alimentación.

Atletas por un día

Como cada ano, terminamos a UD de atletismo co alumnado de 6ºEP, realizando unha actividade nas pistas de atletismo da UDC, na que o alumnado pon en práctica o traballado nas últimas semanas nas clases de EF.

Actuación de malabares e cordas no Festival das Letras

Actuación preparada nas clases de Ed. Física de 4º de Primaria.


Encontro coa tradición en A Capela

Aquí tedes un resumo da actividade levada a cabo na Capela coa alumnado de 6ºEP. No vídeo utilizamos a técnica de chroma key, coa que estamos a traballar este curso, a proposta do EDLG.

Escola da Bici

A proposta de Stop Accidentes a asociación Escola da Bici impartíu un taller teórico e práctico sobre o uso axeitado das bicicletas e a súa promoción. Unha vez máis 6º de Primaria tivo a sorte de participar neste Taller do que amosamos algunhas imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet