Skip to Content

Croma Key

    Bo día a tod@s:

    Esta semana os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso mergullámonos de cheo no mundo dos efectos especiais, empregando o "croma key".

    Preguntarédesvos en que consiste non si? Pois, o croma, trátase dunha técnica audiovisual amplamente utilizada no cine, televisión e fotografía entre outras, e que consiste en extraer unha cor dunha imaxe ou video (normalmente o verde) e reemplazar a área que ocupaba esa cor por outra imaxe ou video coa axuda dun PC.

    Como fondo, decidimos tratar o tema do outono, e cada nen@ trouxo a súa propia fotografía outonal. Agradecemos aos pais/nais e familiares a súa colaboración nesta actividade!

    No cole encargámonos de facer a foto de cada nen@ sobre o fondo verde para lograr facer a montaxe final. Agradecementos tamén para todo o equipo do centro!

    E despois de tanta palabra, seguro que estades desexosos de ver o resultado desta actividade.

    Para iso, soamente tedes que clicar aquí.

                                                                                                       Saúdos e ata a próxima.

 



page | by Dr. Radut