Skip to Content

Conmemoracións

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

     Este 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e a Non Violencia elaborando un mural no que deixamos plasmada a palabra PAZ en numerosos idiomas e tamén decoramos o corredor do cole con pombas decoradas por todos e todas nós.

 

     Animámosvos a cantar connosco esta canción do grupo HAPPENING, titulada "Alto el fuego":

 
     E... para rematar esta xornada cun sabor ben doce, tivemos unha sorpresa como sobremesa do menú de hoxe, na que disfrutamos de froita variada bañada na fondue de chocolate.
   
FELIZ DÍA DA PAZ!!!!

MANDÁS DO ENTROIDO

MANDADIÑOS DO MECO

SAÚDOS FAMILIAS:

 

COMO ESTAMOS EN VÉSPERAS DO MES DE FEBREIRO O MES DO ENTROIDO, POR AQUÍ VOS DEIXAMOS A ORGANIZACIÓN PARA A SEMANA DO 13 Ó 17 DE FEBREIRO.

DE LUNS A MÉRCORES TEREMOS TRES MANDADIÑOS ACUMULATIVOS, O XOVES OS NENOS/AS PODERÁN VIR DISFRAZADOS COMO MELLOR LLES PAREZA E O DERRADEIRO DÍA TEMOS UNHA TEMÁTICA COMÚN PARA TODO O CENTRO: O MOVEMENTO HIPPIE!

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN E RECORDADE, NON É NECESARIO QUE SE COMPRE NADA O MELLOR DO ENTROIDO, SON AS ENTROIDADAS, SEGURO QUE NA CASA PODEREDES ATOPAR ALGO QUE VOS POIDA AXUDAR!!!!!

PODEDES VISUALIZAR OS MANDADIÑOS NO DOCUMENTO ADXUNTO!

INTEGRA MEDIO AMBIENTE

CÓ GALLO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, DENDE A AULA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA, REALIZAMOS NUMEROSAS ACTIVIDADES CON ADRIÁN, PARA QUE O PLANETA SIGA SORRINDO, XA QUE A BELEZA DO MESMO ESTÁ NA DIVERSIDADE!!!

Día da Familia

Có gallo do Día da Familia o 15 de maio, o alumnado de EI, coa profe Mª Carmen fixeron cadanseu mural no que plasmaron ás persoas que máis queren...quedaron ESPECTACULARES!!!

Día das Letras Galegas

@s alumn@s do CEPI Xosé Luis Taboada, adicaron toda a semana á preparación da celebración do día das Letras Galegas, que tivo como día grande o venres. 

Foi un traballo compartido e o que é o mais importante DESFRUTADO!!!

 

DÍA DO LIBRO

 

Có gallo da celebración do día do libro (23 de abril) o alumnado participou dun "fermoso sono" a través dun contacontos e levaron de recordo cadansúa "Chave dos soños", grazas a Ana Meilán por crear contos con tanta dozura.

Ademáis a través dun apadriñamento lector, @s nen@s maiores fixeron de padriños e madriñas de honra có alumnado de menor idade, intercambiando lecturas e marcapáxinas súper orixinais de elaboración propia. 

Grazas @s nen@s por facernos disfrutar de aventuras lectoras todos os dias do ano!!!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

HOXE CÓ MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, CONCIENCIAMOS @S PEQUEN@S SOBRE A IMPORTANCIA DO COIDADO DO CORPO A TRAVÉS DOS HÁBITOS E RUTINAS DIARIAS...CADA PEQUENA APRENDIZAXE SUMA!!!

Día Mundial Do Autismo

Có gallo do Día Mundial do Autismo, @s nen@s do cole visionaron o corto "Un viaje Interestelar a través del Autismo", reflexionaron sobre o trastorno e elaboraron un mural que quedou SÚPER!!! Bo traballo!!!

O noso festival de Nadal en Televinte

 

Distribuir contido


by Dr. Radut