Skip to Content

Complementarias e extraescolares

HALLOWEEN 2023

     Estes días levamos a cabo varias actividades no cole relacionadas coa celebración do Samaín e Halloween.

     Desde o centro propúxose un concurso de murais sobre esta temática e aquí podedes ver o resultado. Queremos agradecer a todas as familias o esforzo e colaboración, porque todos os traballos son terrorificamente xeniais!!!

   

     Todas as nenas e nenos recibiron como agasallo unha piruleta de chocolate por participar nesta actividade:

      

      O 31 de outubro viñemos ao cole disfrazados para disfrutar dun día cheo de actividades. 

      

     Visitamos aos nosos maiores no centro de día e alí cantamos, bailamos e ata botamos unha partida de bingo!

 

     Xa de volta ao cole amosamos a nosa vea de artistas pintando, creando monstros e ata poñéndonos tatuaxes terroríficas.

  

     E, por último, para poñerlle o toque doce a esta celebración, o alumnado de 5º e 6º obsequiounos cunhas sobremesas de meedoooo!!!

 

VISITA AO CENTRO DE DÍA POLO SAMAÍN

     Polo Samaín, o alumnado do cole fomos visitar o Centro de Día de Carballedo para compartir un tempo cos nosos maiores. Pasámolo... DE MEDOOOO!!!!

 

"EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS"

O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA SECRETARÍA DE ESTADO DE iGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA, A ACTIVIDADE "EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS", DA CAL DISFRUTOU NA MAÑÁ DE ONTE, TODO O ALUMNADO DO CEIP XOSÉ LUIS TABOADA.

Gran Xogo Das Letras Galegas

O alumnado de Educación Primaria, no día de onte e para rematar as actividades do mes de maio, fixeron unha actividade de divulgación "Gran Xogo sobre as Letras Galegas".

Grazas a Patricia Martínez pola implicación!!!

Plan Director

Onte, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron unha charla por parte dos corpos de seguridade de Lugo, dentro do Plan Director, para que aprendan da importancia dun bo uso das redes sociais có fin de previr o acoso e/ou ciberacoso.

É unha formación primordial nestas idades e na sociedade tecnolóxica na que vivimos...

Aprendimos un montón!!!

Marcelle 2022

A xornada de onte estivo adicada a desfrutar na natureza, por iso o alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada fumos a pasar o día a MARCELLE.

Aprendimos moito e...desfrutamos máis!!!

SAMAÍN - HALLOWEEN - MAGOSTO - 2021

     E... por fin chegou o gran día!!!

   Este 29 de outubro celebramos o Samaín, Halloween e Magosto no noso cole, cun montón de actividades e sorpresas que aquí vos amosamos resumidas. Pasámolo de meeeeedoooooo!!!!!

(Tamén podedes atopar estas fotos e moitas máis clicando na galería de fotos)

CONXURO MÁXICO DO COLE DA BARRELA

     Chegou o día do SAMAÍN e aquí tedes o CONXURO que fixemos entre todo o cole:  Ollos de ra, pel de sapo...

Plastihistoria

Un repaso pola historia....: PLASTIHISTORIA.

Distribuir contido


by Dr. Radut