Skip to Content

Ed. Primaria

POLOS CREATIVOS: FÍO CONDUTOR

OBRADOIRO DE MÚSICA E IGUALDADE

SHE`LL BE COMING AROUND THE MOUNTAIN

RAP "VIAXANDO POLO MUNDO" - 3º E 4º

     Dentro das actividades PANCA, este venres 26, o alumnado de 3º e 4º fixo a estrea mundial do seu rap "VIAXANDO POLO MUNDO".

Bravo por estes artistas!!!! 

Conto de Nadal do alumnado de 5° e 6°

     O alumnado de 5° e 6° creou este conto para o Nadal e foi co que inauguramos este curso as actividades PANCA. 

     A continuación podedes ver o vídeo e deixámosvos o conto dixitalizado premendo neste enlace.

 

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

NO DÍA DE HOXE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIRON UNHA CHARLA SOBRE DIVERSIDADE E INCLUSIÓN.

@S NEN@S APRENDERON MOITO E QUEDARON ENCANTADOS CON ESTA INICIATIVA POR PARTE DA ANPA DO COLEXIO. GRAZAS!!!

Animais do outono!

Ola a tod@s!

    Aquí estamos de volta os nenos e nenas de 1º curso para amosarvos o bonitos que nos quedaron os animaliños do outono! 

    A profe Patri ademáis de propoñernos esta divertida actividade e falarnos sobre cada un destes fermosos animais, axudounos a pegar follas e supervisounos en todo momento. 

 

    Que vos parece? Mirade vós mesmos clicando aquí.

 

           Saúdos!

 

Animales disfrutando de la magia del otoño

Croma Key

    Bo día a tod@s:

    Esta semana os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso mergullámonos de cheo no mundo dos efectos especiais, empregando o "croma key".

    Preguntarédesvos en que consiste non si? Pois, o croma, trátase dunha técnica audiovisual amplamente utilizada no cine, televisión e fotografía entre outras, e que consiste en extraer unha cor dunha imaxe ou video (normalmente o verde) e reemplazar a área que ocupaba esa cor por outra imaxe ou video coa axuda dun PC.

    Como fondo, decidimos tratar o tema do outono, e cada nen@ trouxo a súa propia fotografía outonal. Agradecemos aos pais/nais e familiares a súa colaboración nesta actividade!

    No cole encargámonos de facer a foto de cada nen@ sobre o fondo verde para lograr facer a montaxe final. Agradecementos tamén para todo o equipo do centro!

    E despois de tanta palabra, seguro que estades desexosos de ver o resultado desta actividade.

    Para iso, soamente tedes que clicar aquí.

                                                                                                       Saúdos e ata a próxima.

 

Saímos a por follas!

    Boa tarde:

    Nesta ocasión, os nenos e nenas de 2º e 3º curso saímos a por follas e castañas.

  Servíronnos para aprender e realizar moitas actividades na aula (entre elas axudounos a entender a multiplicación), pero o máis importante é que nos divertimos e xogamos con elas e con outros elementos do outono que atopamos!

   Se queredes ver algunha fotiño, podedes clicar aquí.

   Saúdos e ata a próxima!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut