Skip to Content

Outras actividades

POLOS CREATIVOS: CREANDO CO CROMA

     Como sabedes, o croma é unha técnica para crear montaxes audiovisuais, empregando un fondo monocromático, para despois cambiar o fondo das imaxes.

     Aquí vos amosamos as primeiras probas feitas usando dita técnica:

  

  

POLOS CREATIVOS: FÁBRICA DE CHAPAS

     Aquí tedes o noso estreno usando a máquina de facer chapas que nos emprestaron desde o CFR. Xa nos fixemos grandes expert@s!!!

POLOS CREATIVOS: 11 FEBREIRO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

   Desde o cole queremos conmemorar o Día da muller e a nena na ciencia e para iso fixemos unha actividade encadrada no proxecto de Polos Creativos.

   Por unha banda, despois de presentarnos unha serie de mulleres que destacaron no ámbito científico (concretamente en Astronomía), fixemos un xogo con materiais de Polos Creativos.

   Tamén pudemos adentrarnos e descubrir curiosidades sobre o espazo a través do uso dunha aplicación de realidade aumentada.

  

   

VISITA AO CENTRO DE DÍA POLO NADAL

PANXOLIÑA PARA OS BOLECHAS

 Os nenos/as do Ceip Xose Luís Taboada participaron recentemente cun vídeo no programa "Merenda cos Bolechas"; que se emitirá en directo por streaming o vindeiro VENRES, 23 DE DECEMBRO.
Só tedes que ir á canle oficial da TVG en Youtube e alí, nas emisións en directo, xa vedes o espazo "Merenda cos Bolechas".
A participación do cole é unha parte do contido total do programa que dará comezo ás 17:00 horas. Convidámosvos a velo en directo e incluso podedes participar no chat.
O programa empezará moi puntual, polo que pregamos que vos conectedes con tempo e que avisedes a toda a familia e amizades. Cantos máis sexamos, mellor!
 
 
 
 

SENSIBILIZÁMONOS TEA

 

CONTAR TAMÉN CONTA

"AS MANÍAS DE XAN" CONTA A HISTORIA DUN NENO QUE TIÑA A "MANÍA" DE FACER BURBULLAS E GARDAR OS SEUS TESOUROS DENTRO DELAS...PODE PARECER RARO, PERO ONTE QUEDOU DEMOSTRADO QUE PODE CHEGAR A FACERSE REALIDADE!!!

CONTO DA PROFE VIQUI PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO...O PASAMOS...POMPA!!!

Charla Afectivo-Sexual

Onte, e aproveitando que o 2 de Maio se celebra o día contra o Bullying e o Acoso Escolar, @s nen@s aprenderon cousas sobre o seu corpo, e sobre como debemos respectar a intimidade dos demais...grazas á ANPA por esta gran iniciativa.

Excursión "Mais que Brincos"

O pasado venres, 29 de abril, o alumnado do CEIP XOSÉ LUIS TABOADA, a través da ANPA, viaxaron a Ourense, a pasar unha mañá de xogos e diversión. As imaxes falan por sí soas...

Actividades grupais na Biblioteca

Para finalizar un mes de abril cargado de actividades na biblioteca, fixemos unha actividade por grupos na que @s nen@s xogaron con xogos actuais e xogos tradicionais...queredes saber qué xogos lles gustaron máis? 

Preguntádelles e vos sorprenderedes!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut