Skip to Content

Plan Director

Onte, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron unha charla por parte dos corpos de seguridade de Lugo, dentro do Plan Director, para que aprendan da importancia dun bo uso das redes sociais có fin de previr o acoso e/ou ciberacoso.

É unha formación primordial nestas idades e na sociedade tecnolóxica na que vivimos...

Aprendimos un montón!!!

Día da Familia

Có gallo do Día da Familia o 15 de maio, o alumnado de EI, coa profe Mª Carmen fixeron cadanseu mural no que plasmaron ás persoas que máis queren...quedaron ESPECTACULARES!!!

Marcelle 2022

A xornada de onte estivo adicada a desfrutar na natureza, por iso o alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada fumos a pasar o día a MARCELLE.

Aprendimos moito e...desfrutamos máis!!!

Día das Letras Galegas

@s alumn@s do CEPI Xosé Luis Taboada, adicaron toda a semana á preparación da celebración do día das Letras Galegas, que tivo como día grande o venres. 

Foi un traballo compartido e o que é o mais importante DESFRUTADO!!!

 

MENÚ ESCOLAR MAIO 2022

13/05/2022 11:44
Europe/Madrid

Apreciado un erro no menú escolar de maio, volvemos a subir o documento.

Charla Afectivo-Sexual

Onte, e aproveitando que o 2 de Maio se celebra o día contra o Bullying e o Acoso Escolar, @s nen@s aprenderon cousas sobre o seu corpo, e sobre como debemos respectar a intimidade dos demais...grazas á ANPA por esta gran iniciativa.

Excursión "Mais que Brincos"

O pasado venres, 29 de abril, o alumnado do CEIP XOSÉ LUIS TABOADA, a través da ANPA, viaxaron a Ourense, a pasar unha mañá de xogos e diversión. As imaxes falan por sí soas...

Actividades grupais na Biblioteca

Para finalizar un mes de abril cargado de actividades na biblioteca, fixemos unha actividade por grupos na que @s nen@s xogaron con xogos actuais e xogos tradicionais...queredes saber qué xogos lles gustaron máis? 

Preguntádelles e vos sorprenderedes!!!

Erasmus + Finlandia

Durante a segunda quincena do mes de abril, @s nen@s do CEIP Xosé Luis Taboada, con motivo da viaxe do noso profe Xabi a Finlandia, estivemos a traballar cousas relacionadas có lugar...bandeira, costumes, fala, folklore...Para iso utilizamos as novas tecnoloxías como a PDI, o ordenador, a tableta...ademáis de contos e mesa de luz.

Adaptamos o libro de Tove Janson, "A familia moomins" ao tan coñecido "O Monstro de Cores", e a través destes personaxes, traballamos as emocións coas cores...por último elaboramos un libro en inglés para que o noso profe agasallara ao alumnado do cole de Finlandia e tivesen un grato recordo da súa estadía...

Aprendimos un montón de cousas e o que é máis importante...disfrutamos coma nunca!

Erasmus+ Finlandia

O profe Xabi, dentro do programa Erasmus+, nesta ocasión visitará, a vindeira semana, un colexio en Finlandia para aprender novos enfoques pedagóxicos. O alumnado do centro descubriú a través de Tove Janson, escritora Finlandesa, a familia Momins, a través dos cales traballaron as distintas emocións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut