Skip to Content

Grupos

Excursión "Mais que Brincos"

O pasado venres, 29 de abril, o alumnado do CEIP XOSÉ LUIS TABOADA, a través da ANPA, viaxaron a Ourense, a pasar unha mañá de xogos e diversión. As imaxes falan por sí soas...

Actividades grupais na Biblioteca

Para finalizar un mes de abril cargado de actividades na biblioteca, fixemos unha actividade por grupos na que @s nen@s xogaron con xogos actuais e xogos tradicionais...queredes saber qué xogos lles gustaron máis? 

Preguntádelles e vos sorprenderedes!!!

Erasmus + Finlandia

Durante a segunda quincena do mes de abril, @s nen@s do CEIP Xosé Luis Taboada, con motivo da viaxe do noso profe Xabi a Finlandia, estivemos a traballar cousas relacionadas có lugar...bandeira, costumes, fala, folklore...Para iso utilizamos as novas tecnoloxías como a PDI, o ordenador, a tableta...ademáis de contos e mesa de luz.

Adaptamos o libro de Tove Janson, "A familia moomins" ao tan coñecido "O Monstro de Cores", e a través destes personaxes, traballamos as emocións coas cores...por último elaboramos un libro en inglés para que o noso profe agasallara ao alumnado do cole de Finlandia e tivesen un grato recordo da súa estadía...

Aprendimos un montón de cousas e o que é máis importante...disfrutamos coma nunca!

DÍA DO LIBRO

 

Có gallo da celebración do día do libro (23 de abril) o alumnado participou dun "fermoso sono" a través dun contacontos e levaron de recordo cadansúa "Chave dos soños", grazas a Ana Meilán por crear contos con tanta dozura.

Ademáis a través dun apadriñamento lector, @s nen@s maiores fixeron de padriños e madriñas de honra có alumnado de menor idade, intercambiando lecturas e marcapáxinas súper orixinais de elaboración propia. 

Grazas @s nen@s por facernos disfrutar de aventuras lectoras todos os dias do ano!!!

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

NO DÍA DE HOXE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIRON UNHA CHARLA SOBRE DIVERSIDADE E INCLUSIÓN.

@S NEN@S APRENDERON MOITO E QUEDARON ENCANTADOS CON ESTA INICIATIVA POR PARTE DA ANPA DO COLEXIO. GRAZAS!!!

PROXECTO DINOSAUROS

DENTRO DO PROXECTO DOS DINOSAUROS, TAMÉN TRABALLAMOS AS TIC. PUIDEMOS COMPROBAR COMO, A TRAVÉS DO CUBE MERGE, PODEN VER NA TABLETA A ESES ANIMAIS SOBREDIMENSONADOS. A ACTIVIDADE ENCANTOULLES E QUEDAMOS CON GAÑAS DE REPETILA DE NOVO.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

HOXE CÓ MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, CONCIENCIAMOS @S PEQUEN@S SOBRE A IMPORTANCIA DO COIDADO DO CORPO A TRAVÉS DOS HÁBITOS E RUTINAS DIARIAS...CADA PEQUENA APRENDIZAXE SUMA!!!

CONTAR TAMÉN CONTA

Esta semana dentro da actividade "CONTAR TAMÉN CONTA" tocoulle o turno a "Un becho extrano", a través do cal descubrimos que non é xusto poñer etiquetas ás persoas...

Día Mundial Do Autismo

Có gallo do Día Mundial do Autismo, @s nen@s do cole visionaron o corto "Un viaje Interestelar a través del Autismo", reflexionaron sobre o trastorno e elaboraron un mural que quedou SÚPER!!! Bo traballo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut