Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Celebramos a Semana de Exaltación da Mazá de Cariño

22/10/2019 14:07
Europe/Madrid

Esta semana celebramos a Exaltación da Mazá de Cariño.

Con tal motivo a ANPA "A BASTEIRA" convídanos a merendar hoxe é mañá con mazás e torta de mazá. O mércores, ademáis, faremos xogos populares coas mazás.

GRAZAS POLA INVITACIÓN!

 

 

Xogando na auga 2019

17/09/2019 09:30
17/09/2019 13:30
Europe/Madrid

 

 

 icona sen informaciónXa están dispoñibles as fotografías da actividade:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=244


 

A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 17 de setembro,

logo da actividade

en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.

A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30


Condicións para participar na actividade:

  • Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
  • Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
  • Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.

 
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.

 

Para saber máis:

https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga

Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8

UN MAR DE MUIÑEIRAS

19/05/2019 00:00
Europe/Madrid

O pasado venres, 10 de maio, alumnos e alumnas do noso Centro reuníronse en Navantia con escolares doutros centros educativos de Ferrolterra para bailar xuntos unha muiñeira interpretada en directo por A Banda das Crechas.

Podedes ver o resultado do traballo na seguinte ligazón. Esperamos gocedes vendo o vídeo tanto coma nós.

https://youtu.be/-kW_DJz_8cI

Parabéns!!!

Charla sobre o medio maratón de Cariño

29/04/2019 12:30
Europe/Madrid

O Concello de Cariño organiza para o próximo día 29 de abril unha charla sobre o medio maratón de Cariño.

Hora: 12:30

Lugar: salón de actos de colexio

Dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto

www.rfea.es/web/competiciones/campeonato.asp?codigo=2019RF101

 

Obradoiro de balonmán

27/03/2019 10:20
Europe/Madrid

O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.

Alumnado participante: 3º e 4º

Horario: de 10:20 a 12:00

Organiza Concello de Cariño.

fotografía de Abel González

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

20/03/2019 00:00
Europe/Madrid

O vindeiro mércores, continuando co programa de distribución de froita na escola en colaboración co FOGGA, iniciaremos o reparto dunha peza de froita para cada alumno/a durante un período de 10 días que abranguerá do 20 de marzo ao 2 de abril.

Esta proposta ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.

froita fresca

 

 

 

 

 

Distribuir contido