Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Feliz 2019

30/12/2018 16:57
Europe/Madrid

Conposición do texto "Cos nosos mellores desexos para o ano novo, por un 2019 para escribir entre todas e todos" sobre un encerado

Campaña de recollida de alimentos para Cáritas

20/12/2018 20:05
Europe/Madrid

Trasladamos á comunidade educativa do noso colexio o agradecemento de Cáritas polo excelente resultado da campaña de recollida de alimentos que levamos a cabo no centro desde o día 10 ata o 19 de decembro.

 

fotografía dos alimentos recollidos

 

Moitas grazas a todas e todos por colaborar.

 

CARIÑO EN NEGRO

23/11/2018 00:00
Europe/Madrid

Con motivo da celebración do Día Contra a Violencia de Xénero, o venres, 23 de novembro, toda a comunidade educativa unirase ás actividades organizadas polo Concello:  participación na andaina "En Negro Contra as Violencias" e  lectura dun manifesto elaborado polos nenos/as.

Preme para ler o manifesto

 

Xogando na auga

26/11/2018 09:30
Europe/Madrid

imaxe co logotipo da actividade, non aporta información

 A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 26 de novembro, en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.

A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30


Condicións para participar na actividade:

  • Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
  • Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
  • Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.

 
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.

 

Para saber máis:

https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga

Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8

 

 

Obradoiros sobre habilidades sociais

22/11/2018 10:00
27/11/2018 12:00
Europe/Madrid

Os días 22,27,28 e 29 de novembro levaranse a cabo no colexio varios obradoiros dirixidos ao alumnado de quinto e sexto para tratar diferentes aspectos relacionados coas habilidades sociais.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación ASFEDRO

XI Celebración do Día dos Xogos Tradicionais

15/11/2018 00:00
Europe/Madrid

O xoves , 15 de novembro, celebramos o Día dos Xogos Tradicionais.

Os nenos e nenas divertíronse rotando polos diferentes xogos programados polos mestres de Educación Física e dirixidos polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

Recuperando as tradicións!

Fantástico!

Preme para ver fotos da xornada.

 

Distribuir contido