Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Charla para as familias

00/00/
Array

O vindeiro martes 24 de maio teremos unha charla sobre seguridade en Internet, dentro do programa "Navega con rumbo" da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxenaría en Informática de Galicia. Está dirixida a nais e pais, que poden asistir tamén cos seus fillos e fillas.

Lugar: Salón de actos do CEIP "Manuel Fraga Iribarne"

Data: Martes 24 de maio ás 17:00 ( duración estimada 60-90 minutos )

Entrada libre, non é necesario comunicar a asistencia.

Trataranse temas como o uso de Internet, riscos, consellos de navegación, coidado dos equipos informáticos, etc

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/

Guía de navegación para pais e nais.

Guía de navegación para os nenos e nenas.

 

Estades todas e todos invitados a esta charla.

 

Contacontos

00/00/
Array

O vindeiro xoves, 14 de maio ás 11:00 horas no Auditorio Municipal, os alumnos/as do colexio asistirán á celebración dun CONTACONTOS MUSICAL a cargo de MÁXICOS SONS. 

O título do conto é: "UNHA AVENTURA ENTRE LIBROS"

SAÍDA POLO ENTORNO

00/00/
Array

Os vindeiros días 24 e 26 de marzo, os alumnos de 3º ciclo e 2º ciclo do centro respectivamente, participarán na campaña escolar de divulgación da cultura e o turismo mariñeiro baixo o lema “UN MAR DE CULTURA: OS NENOS E O MAR” dirixida a escolares de A Mariña e Ortegal.

Vistiarán a Cetárea, unha conserveira do pobo e o Cabo Ortegal.

Para máis información a cerca desta campaña pódese visitar a páxina:

http://www.maremasma.com/blog/

Sesión de cine

00/00/
Array

Hoxe, xoves, ás 12:15 haberá unha Sesión de cine en Galego no Auditorio á que asistirán os alumnos/as de E. Primaria. Proxectarase a película:


UNHA SERIE DE SUCESOS DESAFORTUNADOS

Andaina pola contorna de San Xiao

00/00/
Array

plano da rutaO mércores 18 de xuño levaremos a cabo unha andaina pola contorna de San Xiao, desde o mirador da Gabeira ata a localidade de Vila. Participará o alumnado de quinto.

Horario: Saída ás 9:45 desde o colexio e regreso ás 12:30 tamén ao colexio.

Ruta: Mirador da Gabeira - Camiño de San Xiao - estrada ao Cabo Ortegal - camiño de terra - Cruz da Cabada- Vila

 

 


 

"O ÚLTIMO CANTO" GAÑADORA DO CONCURSO "NOS TAMÉN CREAMOS!"

00/00/
Array

A curta "O ÚLTIMO CANTO", realizada por alumnado e profesorado do 2º ciclo resultou gañadora do concurso "Nós tamén creamos!" na súa categoría de 2º Ciclo de Primaria. A curta xunto con todas as demáis que participaron no concurso están accesible na web da RTVG na seguinte ligazón.

NOS TAMÉN CREAMOS! na RTVG

Non olvides velo a pantalla completa.

Parabéns a todos o alumnado e profesorado implicados no proxecto!

Distribuir contido