Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Exposición

00/00/
Array

Os alumnos/as de E. Primaria do Colexio visitarán a exposición "Galicia, conservando a natureza" do Auditorio Municipal con arreglo ao seguinte calendario:

LUNS, DÍA 10 DE DECEMBRO

  • 11:30 ---- 1º
  • 12:45 ----2ºA, 2ºB

MARTES, DÍA 11 DE DECEMBRO

  • 11:30 ---- 3ºA, 3ºB 
  • 12:45 ----4ºA, 4ºB

MÉRCORES, DÍA 12 DE DECEMBRO

  • 11:30 ---- 5º
  • 12:45 ----6ºA, 6ºB

Conferencia

00/00/
Array

O martes 27 de novembro desenvolverase no colexio unha conferencia da doutora Mercedes Ferreira Bouza sobre "alimentación e saúde".

O acceso é libre.

Lugar: Salón de actos do colexio de Cariño.

Data: 27 de novembro de 2012

Hora: 18:00

 

Organiza: CEIP "Manuel Fraga Iribarne"

SEMANA CON FROITA

00/00/
Array

Semana da froita.

 

Este ano participamos no "Plan de consumo de froita nas escolas".

En que consiste o plan?

Na entrega a cada alumno e alumna dunha peza de froita durante os recreos.

Cando?

Durante dúas semanas ao ano, a primeira será do 12 ao 16 de novembro.

Que froita?

Luns: mazá
Martes:pera
Mércores:mandarina
Xoves:plátano
Venres:mazá

Que pretende o plan?

A promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás

 

Este programa está organizado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), coa colaboración das Consellerías de sanidade e de Cultura, Educación e O.U. Cofinanciado pola Unión Europea.

 

RAMIRO XUBÍLASE

00/00/
Array

En realidade, xa está xubilado. Ía dicir que xa non está connosco pero soa demasiado forte porque si está, por sorte para el e para nós. E se fisicamente non anda moi lonxe, no Colexio queda a estela do seu bo facer, da semente que deixou e dos froitos que recollemos. Eu, que tiven a sorte de compartir con el traballo, responsabilidades directivas, proxectos, inquedanzas, ledicias e tristuras sei ben como é Ramiro. Non me cega a paixón da amizade senón o interese por facer algo que é de xustiza: transmitirlle a miña gratitude por todo o que fixo e por todo o que aportou á comunidade educativa en xeral e a min en particular. E para que se vexa que esta sensación non é exclusivamente miña, nada mellor que poñer un fragmento da dedicatoria que nos remite Arturo, outro amigo común e tamén membro comprometido durante varios anos con esta institución.

Ramiro, mestre, amigo, compañeiro. Neses anos que tiven a sorte de poder compartir contigo, puiden comprobar a calidade humana e profesional que atesouras; o teu proceder á hora de impartir docencia, mantendo sempre un gran respecto tanto pola materia como polo alumnado; o teu trato exquisito con todos os que te rodean; a túa capacidade para debater de temas de distinta natureza,  facendo sempre gala dunha gran facilidade para argumentar non exenta dun fino e atinado sentido do humor que che servía en moitas ocasións para rebaixar a tensión do debate; a túa predisposición para a innovación –cantas horas lle tes dedicado á informática cando esta aínda estaba espontando!!!-; a túa eficaz e efectiva labor como xefe de estudos, coma coordinador do Proxecto Abrente, como dinamizador de tantas e tantas actividades no Colexio –o Espigonciño é un bo exemplo diso-. En fin, que máis podo dicir! A túa receptividade, a túa honestidade, o teu saber estar, a túa profesionalidade, a túa discreción, o teu sentido común e o teu compromiso coa educación quedarán como sinal imborrable da túa labor como mestre.

Que disfrutes  durante moitísmo tempo da túa ben gañada xubilación. E que nós sigamos disfrutando da túa tan valiosa amizade.

Unha aperta
           
    Carlos Miranda

Senderismo

00/00/
Array

O mércores 20 de xuño o alumnado de quinto curso participará nunha actividade de senderismo para coñecer a contorna, iremos acompañados de técnicos do concello que explicarán aos alumnos e alumnas as características, elementos destacados, vexetación, fauna, etc do percorrido.

Saída: 10:00h desde o colexio. Regreso: aprox 14:00h

Percorrido: Colexio - San Xiao

ACTIVIDADES E. INFANTIL PARA O FIN DE CURSO

00/00/
Array

O luns 18 de xuño, faremos unha visita á praia; non se poderán bañar pero poden traer roupa cómoda axeitada.
O mércores 20 de xuño, faremos unha pequena festa de despedida cos nenos, nas aulas correspondentes. Entregaránselles os traballos e os boletíns do trimestre., ese mesmo día.
O FESTIVAL de FIN DE CURSO, terá lugar o xoves 21 de xuño e o horario será de 11:00 a 12:00h. aprox.
As actuacións que van ter lugar, serán na seguinte orde:

  • 3 anos:  dramatización: “La semillita”.
  • 4 anos: dramatización “Quiero crecer, cocodrilo”.
  • 5 anos : dramatización “O baile das flores”.

O venres 22, terá lugar a festa de graduación dos alumnos que este curso rematan a ed. Infantil. Será ás 11:00h. con unha duración aproximada dunha hora.

Distribuir contido