Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Gotas por Níger

00/00/
Array

Galería de imaxes da celebración da actividade "Gotas por Níger"

acceso á galería de imaxes, ábrese en nova xanela

Preme na imaxe para ver as fotos.

Gotas por Níger é unha adaptación do proxecto "Gotas para Níger" de UNICEF [http://www.enredate.org/gotas]

Tamén están dispoñibles as fotos da nosa participación en "Xogando co atletismo" en Moeche [ Preme para ver as fotos ]

Charla

00/00/
Array

O vindeiro venres, 12 de abril, dentro das actividades de conmemoración do día da árbore, teremos tres charlas a cargo de persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar (coa posibilidade tamén de que traian unha moto-bomba) a cerca da prevención de incendios forestais.

CHARLA III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 5 de marzo, os alumnos/as de 5º e 6ª de E. Primaria do noso centro recibirán unha charla sobre "Riscos na Internet" no Salón de Actos dentro do III PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR e desenvolvida por un axente do Corpo da Garda Civil.

  • 5º Nivel: 10:00 horas.
  • 6º Nivel: 11:00 horas.

Navega con rumbo

00/00/
Array

Documento aportado por Lucía Fidalgo na charla sobre o programa "Navega con rumbo", que tivo lugar o martes 5 de febreiro no colexio.

[Ver o documento en formato PDF]

CHARLA

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 5 de febreiro ás 17:00 horas, haberá unha charla no Salón de Actos do centro dentro do Programa: "Navega con rumbo" dirixida a Pais, Nais, Alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso e a Profesores/as. Estará a cargo da relatora Lucía Fidalgo Castro, designada polo Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia.
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.
 A intención é a mentalización da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos. Para ver as guías e outra información:

Ligazón

Día escolar pola PAZ

00/00/
Array

O mércores día 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia.

11:00 Lectura de manifestos en prol da paz e a non violencia, por parte do alumnado, no salón de actos.

Entre todos e todas cantaremos a canción "Paz e amor"

11:40 No Pavillón Polideportivo os alumnos e alumnas de infantil e primaria bailarán danzas tradicionais do mundo ( Italia, Países Baixos, México, Nova Zelanda, Francia e Israel )

imaxe dos continentes, amósanse etiquetas sobre os países dos que proceden as danzas

 

Despois do recreo teremos unha charla sobre o labor que desenvolven os "Bancos de Alimentos".

Distribuir contido