Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

CONCERTO DIDÁCTICO

00/00/
Array

O vindeiro mércores, 18 de xuño, no Salón de Actos do centro ás 12:45, haberá un concerto didáctico a cargo de Ana Yáñez e Juan Barcón ("A casiña da música) para alumnos/as de E. Primaria.

Día da árbore

00/00/
Array

O venres  día 30, está previsto levar a cabo unha plantación nun monte comunal, actividade contemplada no Plan Xeral e aprobada polo Consello Escolar. Recoméndase que o alumnado veña provisto de comida e váiselle subministrar bebida. O regreso está previsto para as 16:30 horas, adaptándose o transporte escolar a este horario.
De chover, a actividade sería cancelada e impartiríanse clases con normalidade.

Maxia cómica

00/00/
Array

O xoves, día 15 de maio, na Casa de cultura do Concello de Cariño, ás 11:00 horas os alumnos/as de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria asistirán a unha sesión de maxia cómica a cargo de Leo Leíño: "Historia que une os xogos".

Feliz ano novo

00/00/
Array

Feliz 2014 .
Preme no botón para reproducir.

Paseo pola contorna de San Xiao

00/00/
Array

O xoves 13 de xuño temos prevista unha andaina pola contorna de San Xiao. Participará o alumnado do terceiro ciclo ( 5º e 6º ).

Saída desde o colexio ás 9:45, e regreso en torno ás 14:00horas

Recomendamos ao alumnado que leve roupa e calzado axeitado para camiñar polo monte.

Información sobre a ruta: sitio web do Concello de Cariño

Suspendemos a saída ao monte.

00/00/
Array

Por mor da chuvia suspendemos a saída ao monte que estaba prevista para este venres.

Distribuir contido