Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

30 DE XANEIRO- DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

30/01/2023 20:53
Europe/Madrid

Hoxe celebramos no noso cole un Día moi especial, onde cantamos, bailamos e berramos pedindo "UN MUNDO EN PAZ". Desexamos o fin da guerra en tantos e tantos  paises que viven esta lacra, pero sobre todo , pedimos que parara a guerra en Ucrania, o país dos/as nosos/as compañeiros/as, que se viron obrigados a fuxir e deixar atrás todo o que eles/as coñecían.

Deixámosvos un pequeno adianto cunhas fotos, pero prometemos ensinarvos un video con todo o que fixemos, en canto sexa posible.

     

 

                           

QUE TRABALLO TAN CURIOSO DE CIDADE CIENCIA

22/11/2022 14:25
Europe/Madrid

Hoxe os nenos/as de EP foron a Casa da Cultura a gozar dun espectáculo que nos ofreceu o Concello de "Cidade Ciencia", titulado "Que traballo tan curioso" onde a científica Luisa, membro de CSIC, que explicou a importancia da hixiene persoal dun xeito lúdico e divertido.

   

24 DE OUTUBRO-DÍA DAS BIBLIOTECAS-XORNADA DE XOGOS DEMESA

21/11/2022 14:35
Europe/Madrid

Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas eleximos unhas Xornadas de Xogos de Mesa na nosa biblioteca:"Luscofusco, A Casiña dos Libros". Todos os niveis de EI e EP pasaron pola biblioteca a gozar de xogos de mesa, pasando  por todos os xogos do circuito que resultaron súper atractivos e motivadores para o noso alumnado. Todos/as gozamos da xornada polo que coidamos que foi un acerto enfocar este día con esta actividade.

Aquí vos deixamos un video que recolle diferentes momentos desta actividade. Esperamos que vos gusteRisa

MAGOSTO 2022

20/11/2022 00:08
Europe/Madrid

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24/10/2022 22:40
Europe/Madrid

O día 24 de outubro os alumnos de Educación Infantil foron invitados a visitar a Biblioteca Municipal.

         

 

      

REVISTA ESCOLAR. Espigonciño, nº 78

26/06/2022 16:54
Europe/Madrid

Distribuir contido