Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Blog da Biblioteca

23 DE FEBREIRO DE 1837- DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

23/02/2022 12:14
Europe/Madrid

Tal día coma hoxe en 1837 naceu a nosa Rosalía de Castro. Mañá, despois dunha semana traballando sobre ela e coñecéndoa un pouquiño máis, farémoslle, coma todos os anos, unha agarimosa homenaxe. Trasladamos un recuncho da nosa biblioteca ao século XIX e alí sementaremos os seus pensamentos, pensamentos dunha GRAN MULLER, a quen non deberiamos esquecer nunca, nin a ela nin a defensa da nosa lingua, coma ela o fixo. Os nenos/as declamarán algunhas das súas poesías e prantarán un pensamento, unha flor. Os nenos/as serán recibidos por unha "Rosalía" moi especial. Agardamos con ilusión o momento!!!!!! Xa vos contaremos como foi.

Engadimos algunha imaxe máis do que foi esta fermosa actividade

 

                     

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

18/02/2022 14:11
Europe/Madrid

O pasado 7 de febreiro despois de ter traballado unha semana sobre a paz saimos das nosas aulas para cantar e interpretar facendo unha pequena actuación. Pasámolo xenial tanto preparando os materiais como aprendendo a canción e bailando. O resultado queremos compartilo con toda a comunidade educativa e o resultado é o que ides ver neste precioso video:

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

23/10/2021 18:13
Europe/Madrid

 

Feliz día das Bibliotecas!!

 

23F. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

21/05/2024 19:56
Europe/Madrid

Agora que o curso está chegando ao seu fin, non queremos perder a oportunidade de compartir convosco, algunhas das actividades levadas a cabo pola biblioteca. Puidestédes velas no Facebook ou incluso en Youtube, pero porque non lembralas de novo? Comezamos con esta tan fermosa.

https://youtu.be/Quy7kS-SeUM?feature=shared

23 F. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

21/05/2024 19:49
Europe/Madrid

Agora que o curso está a piques de rematar, e malia que no Facebook ou Youtube ,puidéstedes ver algunhas das propostas realizadas este curso polo equipo de biblioteca; non queremos perder a oportunidade de deixárvolas por aqui tamén. Comezamos con esta ben fermosa, lembrádesvos dela?

https://youtu.be/Quy7kS-SeUM?feature=shared

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

28/02/2024 14:44
Europe/Madrid

  

Aquí vos deixamos o video do traballo realizado para o Día da Paz e  NON Violencia

Distribuir contido