Novas

Información de Döce Ópticos

 

Trasladamos información da óptica Döce Ópticos:

"Con motivo del Día del Niño, desde Döce Ópticos queremos lanzar una campaña solidaria para combatir la pobreza visual infantil. Entre el 22 y el 27 de noviembre ofrecemos consulta y examen ocular gratuito atodos aquellos niños que quieran comprobar su visión. Disponemos además de 20 unidades de gafas para regalar a quien lo necesite. Nos gustaría que hicierais llegar este mensaje a los padres de los niños de hasta 12 años, recordando siempre lo importante que es cuidar la salud ocular en edad infantil, previniendo, entre otras cosas, un fracaso escolar derivado de una mala visión.
Es importante recordar que pedir cita con antelación nos permite a nosotros reservar el tiempo necesario para evaluar a cada niño y proporcionar una mejor atención a cada uno de ellos. Nuestro teléfono y dirección son los siguientes:

Rúa Concepción Arenal, 79,

36780 A Guarda, Pontevedra
Tel.
986 61 19 12
Móvil:
679103471

El motivo de la campaña y las condiciones están explicadas en detalle en el artículo que
adjuntamos. En caso de duda ponerse en contacto con nosotros.

Las consecuencias de la pobreza visual infantil | Doce Ópticos A Guarda
(opticadoceaguarda.com)
"

Votacións para a elección de representantes das nais e pais no Consello Escolar

O próximo mércores día 24 de novembro celebraranse as votacións para a eleccións de tres representantes das nais e pais no Consello Escolar. A mesa estará aberta de 8:50 a 9:55 e de 13:15 a 14:00 horas. As candidaturas presentadas son:

 

Alonso Pérez, Daniel

 

Martínez Pérez, Leticia

 

Rodríguez Vicente, Zaira

 

Poden presentarse reclamacións ás candidaturas os días 18 e 19 de novembro.

 

No taboleiro de entrada ao centro está exposto o censo electoral coas persoas que pode votar. Para exercer este dereito é imprescindible acreditar a identidade co DNI ou documento oficial similar.

 

Un cordial saúdo!

 

Reparto de máscaras para alumnado de Educación Primaria

Reparto de máscaras:

As familias do alumnado beneficiario de máscaras poderá pasar a recollelas o luns 20 de decembro no seguinte horario:

  • De 9:00 a 9:55 horas.
  • De 13:15 a 14:00 horas.
  • De 16:00 a 19:00 horas.

Lembrade que é obrigatorio cumprir as normas sanitarias (distanciamento social, hixiene de mans e uso de máscara).

 

 

Publicadas no taboleiro da entrada ao centro a relación definitiva de alumnado beneficiario das máscaras.

 

Publicada a orde de reparto de máscaras para alumnado de Primaria (ligazón ao DOG aquí)

O alumnado que recibiu axuda para a adquisición de material non ten que facer nada. Seralle entregado un lote de máscaras.

Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas publicaranse o día 29 de novembro no taboleiro da entrada ao centro. Poderase facer reclamación ás mesmas os dous días seguintes na secretaría do centro.

Documentación a presentar ademais da solicitude (Anexo I) ata o día 26 de novembro inclusive (ver artigo 9 da orde):

  • a) Anexo II (os anexos I e o II están dispoñibles na secretaría do centro)
  • Documentación complementaria :

  • b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

    d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

    e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

    De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

A documentación entregarase de xeito presencial.

 

 

 

 

 

Convocatoria de eleccións

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR

Na convocatoria de eleccións deste ano toca escoller a tres representantes das familias.

O censo electoral (persoas que poden elixir e ser elixidas) está publicado no taboleiro de anuncios da entrada ao centro. O prazo de reclamacións remata o día 15 de novembro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura ata as 14:00 horas do día 16 de novembro.

O sorteo das catro nais, pais ou titores/as legais que formarán parte da mesa electoral farase o día 17 de novembro ás 14:00 horas.

As votacións serán no pavillón do centro o mércores día 24 de novembro de 9:00 a 9:50 e de 13:15 a 14:00 horas e posteriormente farase o escrutinio. O voto será directo, secreto e non delegable nin por correo. Deberá acreditarse a identidade mediante o DNI ou documento similar.

 

Sorteo da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar

 

      RENOVACIÓN  PARCIAL  CONSELLO  ESCOLAR  2021-22

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, realizarase proximamente neste Centro a  renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR  que é o instrumentode participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

O vindeiro mércores día 27 de outubro de 2021, ás 14:00 horas no pavillón do Centro, procederase ao sorteo público –ao que vostedes poden asistir–  para a designación dos membros da Xunta Electoral que se encargará de velar polo correcto funcionamento do proceso de renovación do Consello Escolar deste Centro.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do  Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

-O Director do Centro.

 -Un profesor ou profesora.

 -Un pai ou nai ou titor/a legal.

-Un/ha representante do persoal de administración e servizos.

Recollida de lotes de libros do fondo solidario

Estimadas familias:

As beneficiadas con lotes de libros do fondo solidario podedes pasar a recollelos na biblioteca do centro nas seguintes datas:

  • Xoves 2 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas 3º e 5º de Primaria.
  • Venres 3 de setembro, de 9;00 a 14:00 horas: 4º e 6º de Primaria.

Lembramos que é obrigatorio seguir as medidas sanitarias de hixiene de mans, uso de máscara e distanciamento de seguridade.

 

A HORTA DE ELSA

Este venres día 30 de abril, faremos unha homenaxe á nosa querida compañeira Elsa. Decidimos que un lugar do centro debería levar o seu nome, e que mellor lugar que a horta escolar, ese lugar especial que ela puxo en marcha e no que, coma sempre, puxo tanto traballo e amor. Debido á situación que vivimos, moi ao noso pesar, non podemos realizar un acto con moita xente. As familias que o desexedes podedes colaborar enviando a través das vosas fillas ou fillos unha flor (preferiblemente co talo longo) que se colocará no portal de acceso á horta de Elsa.

 

 

CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA

Entre o 12 e o 29 de abril (ambos incluídos) estará dispoñible a enquisa sobre a convivencia no noso centro. Para respondela deberedes usar o código que vos chegou a través das vosas fillas ou os vosos fillos. Este código só se pode empregar unha vez. Esta enquisa é totalmente anónima.

Existen cuestionarios para cada sector. Para acceder a eles facede click no apartado correspondente:

No arquivo adxunto de abaixo tedes un documento con respostas a dúbidas frecuentes.

Vacacións de Entroido

15 Feb 2021 00:00
17 Feb 2021 23:59
Europe/Madrid

Segundo a orde de calendario escolar, as vacacións de entroido serán os días 15, 16 e 17 de febreiro.

 

Día de Conveniencia Pedagóxica

18 Maio 2021 00:00
18 Maio 2021 23:59
Europe/Madrid

O 18 de maio de 2021 foi escollido como Día de Conveniencia Pedagóxica polo que non haberá clases.

Reparto de máscaras

Estimadas familias:

Este xoves día 10 de decembro procederemos a entregar o lote de 4 máscaras ao alumnado que lle corresponde. Para isto as familias deben acudir a recollelas nos seguintes horarios:

  • 1º de Primaria.- de 8:45 a 9:00 horas no Pavillón
  • 2º de Primaria.- de 8:45 a 9:00 horas no Ximnasio
  • 3º de Primaria.- de 9:00 a 9:15 horas no Pavillón
  • 4º de Primaria.- de 9:00 a 9:15 horas no Ximnasio
  • 5º de Primaria.- de 14:00 a 14:15 horas no Ximnasio
  • 6º de Primaria.- de 13:50 a 14:00 horas no Ximnasio

As familias que teñen fillos e/ou fillas en distintos cursos poden recoller os dous lotes na hora que máis lle conveña. As familias con nenos ou nenas en infantil poden recoller as máscaras despois de entregar ao alumnado nas respectivas aulas. Lembramos que se deben seguir as normas de seguridade (uso obrigatorio de máscara, distanciamento social de 1,5 metros e uso de xel hidroalcólico para a hixiene de mans).

Está calculado para que o uso destas máscaras cubra todo o curso 2020-2021 polo que non se poden empregar para outra actividade que non sexa acudir ao centro.

Reparto de máscaras para o alumnado

Foi publicada a orde para o reparto de máscaras entre o alumnado de Primaria. Vai dirixida ao alumnado beneficiario das axudas para a adquisición de material escolar. Estes non teñen que realizar ningún trámite e seranlle entregadas no seu día automaticamente. Se algunha familia que reúne os requisitos non entregou a solicitude de axudas de material escolar poderá facelo en 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da orde.

Podedes consultar a orde completa aquí.

Pilabot

Rematou o concurso de Pilabot. Xuntamos máis de 100 kilogramos de pilas. Moitas grazas pola vosa colaboración!

pilabot

 

Enquisa sobre medios dixitais

Estimadas familias!

Como vos comunicamos a través de Abalar móbil, debedes cubrir a seguinte enquisa sobre os medios dixitais dispoñibles nos vosos fogares. O prazo remata o domingo ás 20:00 horas posto que debemos analizar esta información e trasladarlla á inspección educativa o luns sen falta.

Grazas!

 

Festivo local

23 Set 2020 00:00
Europe/Madrid

Lembramos que o próximo mércores día 23 non haberá clases por ser día festivo local.

Powered by Drupal - Design by artinet