Novas

BENVIDA DO PROFESORADO

Velaí novas e divertidas formas coas que nos podemos saudar:

 

FIN DE CURSO

INFORMACIÓN SOBRE O FINAL DE CURSO:

Entrega de notas:

  • As notas serán publicadas en Abalar Móbil a partir das 9:00 do día 18 de xuño.
  • Os boletíns serán entregados ás familias o mesmo día no que se entregue o material e se recollan os libros do fondo solidario.

Entrega de material escolar (o que quedou nas aulas), boletíns de cualificacións e devolución dos libros do fondo solidario. Para evitar aglomeracións, asígnanse os seguintes días para cada curso:

  • Luns 22 de xuño: 3 anos, 4º e 6º de Primaria.
  • Martes 23 de xuño: 4 anos, 1º e 5º de Primaria.
  • Xoves 25 de xuño: 5 anos, 2º e 3º de Primaria.

Só debe vir unha persoa adulta e é obrigatorio o uso de mascarilla.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

 Presentación de solicitudes:

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado

 Prazo de presentación:

  • O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o día 19 de xuño.

 Formularios: estarán dispoñibles

  •  Na secretaría do centro

Documentacion:

En todos os casos, ademais da solicitude (Anexo I)

  1. Anexo II.
  2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. *En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou
    convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

De ser o caso:

  1. Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  2. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en
    calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a
    prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  3. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  4. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do
    certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  5. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou
    do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o
    titor o titores carezan de DNI e NIE.

Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.

Devolución libros do fondo solidario do curso 2019-2020:

  • A devolución dos libros emprestados é requisito para a concesión de axudas para o próximo curso.

  • Indicarase no seu día o calendario de devolución.

As listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos serán publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro e tamén se poderán comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave365.

 

Mais info:

Ligazón á orde completa

Ligazón ao resumo das instrucións elaborado pola Consellería

 

Matrícula no Conservatorio de A Guarda

Nestes intres está aberta a de reserva de praza para o curso 2020-2021 no CONSERVATORIO DE MÚSICA DE A GUARDA. Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva. Podes facela cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/

PRAZOS DE MATRÍCULA

Solicitude de admisión de novo alumnado en Educación Infantil e Primaria desde o 11 ata o 18 de maio. (O centro estará aberto desde as 9:00 ata as 14:00 horas)

     A documentación a entregar é a seguinte:

  • Impreso ED550B. (Pódese solicitar na secretaría do centro ou descargar aquí).
  • Fotocopia da páxina do libro de familia na que aparece a nena ou neno.
  • Fotocopia do DNI da/o menor (se o ten) e dos/as proxenitores/as ou persoas titoras legais.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles, e presentar a resolución xudicial correspondente.

      As prazas dispoñibles pódense consultar aquí.

 

 

Listaxes provisionais de admitidos/as antes do 9 de xuño

Listaxes definitivas de admitidos/as ata o 26 de xuño.

Formalización de matrícula do 1 ao 10 de xullo. (Mesmo prazo para a matrícula na ESO)

Axudas da Cruz Vermella

Estimadas familias!

Desde o centro facilitamos o contacto da Cruz Vermella a algunhas familias. Apelamos ao sentido común para que soliciten axuda desta agrupación aquelas familias en situación real de vulnerabilidade.

Queremos aproveitar para agradecer a labor que están a facer desde a "Asamblea Comarcal Cruz Roja Bajo Miño".

GRAZAS!

Desde o Sinde queremos agradecer ao GES de A Guarda o seu traballo en xeral e o esforzo realizado para repartir material escolar ao noso alumnado. Por iso o alumnado fixo uns debuxos de agradecemento cos que creamos este vídeo:

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

Comunicado ás familias

ESTIMADAS FAMILIAS

En primeiro lugar, gustaríanos desexarvos que vos atopodes o mellor posible nesta época tan inusual.

Desde o Sinde tentamos chegar a todas as nosas alumnas e alumnos pero a tarefa resulta complexa.

Tras analizar as enquisas que nos cubristes e coñecer a opinión das titoras e titor tomaremos as medidas que consideremos máis favorecedoras nestes intres.

 Detectamos que algunhas familias consideran un tanto complicado o ter que acceder aos contidos en distintas plataformas ou lugares. Tede en conta que cada materia, alumnado e profesorado ten unhas características polo que non é fácil unificar os criterios. De todas formas, para este 3º trimestre fixemos uns novos horarios nos cales cada día se traballarán unha ou dúas materias. Pensamos que isto vos pode facilitar a tarefa.

Procuraremos tamén que as tarefas estean dispoñibles con antelación e ser flexibles en canto á data de entrega das mesmas.

 Tamén hai persoas que demandan videotitoriais e videochamadas. A pesar de que non se descarta por completo, debedes ter en conta que isto choca frontalmente cos intereses daquelas familias que non dispoñen dunha conexión boa de Internet e agravaría as diferenzas entre o alumnado. Non queremos que ninguén quede atrás. Tentarase que, no caso de avanzar materia, as explicacións achegadas ao alumnado sexan o máis clarificadoras posible. Por outra banda, sempre podedes contactar co profesorado e trataremos de solventar as dificultades na medida das nosas posibilidades.

 Por último queremos agradecer o enorme esforzo que estades a facer.

 

Saúdos!

O equipo directivo do Sinde

 

Refórza-T

A profe María de Refórza-T pon á vosa disposición o seu correo electrónico por se precisades a súa axuda:

maria.alonso.cerqueira@edu.xunta.gal

LIMPEZA DA PRAIA DO MUÍÑO

 

No blog da Biblioteca tedes un resumo da xornada de limpeza que o alumnado fixo na Praia do Muíño do noso concello:

 

Fai click na imaxe para acceder ao blog

DÍA DA MULLER

 

O día 9 de marzo celebramos no Sinde o Día da Muller. O alumnado puxo as camisetas de cor rosa co lema "O Sinde rumbo á igualdade". Cada clase ideou unha frase sobre a igualdade e leulla ao resto de compañeiras e compañeiros. Por último cantamos La puerta violeta de Rozalén. A continuación tedes un vídeo resumo:

 

CORONAVIRUS

20 Mar 2020 00:00
Europe/Madrid

NON temos información oficial a maiores da saída nos medios de comunicación. Remitimos á información publicada no Portal da Xunta:

"Deste xeito, no eido educativo, -Feijoó- anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou." -extraído da web da Xunta.

Powered by Drupal - Design by artinet